Saltar ao contido

Yeray Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYeray Álvarez

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Yeray Álvarez López Editar o valor en Wikidata
24 de xaneiro de 1995 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Barakaldo, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,82 m Editar o valor en Wikidata
Peso79 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa central Editar o valor en Wikidata
Número deportivo5 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
2005–2007 Barakaldo Club de Fútbol
2007–2008 Danok Bat CF
2008–2013 Athletic Club
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2013–2014 CD Basconia 26(0)
2014–2016   Bilbao Athletic 68(1)
2016–   Athletic Club 257(5)
  Selección nacional Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2017–2017   España sub-21 2(0)
2020–   País Vasco 1(0)

UEFA: 250074667 Editar o valor en Wikidata

Yeray Álvarez López, nado en Barakaldo o 24 de xaneiro de 1995, é un futbolista vasco de orixe galega, que xoga como defensa central no Athletic Club, da Primeira División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na localidade biscaíña de Barakaldo, nunha familia con orixe galega, sendo súa nai orixinaria do concello coruñés de Sobrado.[1] Formouse nas canteiras do Barakaldo e o Danok Bat, antes de ingresar aos 13 anos nas categorías inferiores do Athletic de Bilbao.[2] Tras rematar a súa etapa como xuvenil, na tempada 2013/14 xogou co Basconia, segundo filial do club, na Terceira División.

En maio de 2014 subiu ao primeiro filial, o Bilbao Athletic, da Segunda División B, e contribuíu con 36 partidos e un gol na triunfante campaña 2014/15, na que o equipo conseguiu o ascenso á Segunda División despois 19 anos de ausencia. Debutou na categoría de prata o 24 de agosto de 2015, substituíndo a Jurgi Oteo na segunda metade nunha derrota por 1-0 ante o Girona.[3] Foi titular habitual durante a tempada, pero non puido evitar o descenso do filial bilbaíno.

No verán de 2016 foi ascendido ao primeiro equipo do Athletic, co que debutou o 15 de setembro dese ano, sendo titular nunha derrota por 3-0 ante o Sassuolo na fase de grupos da Europa League.[4] Tres días despois xogou o seu primeiro encontro na Primeira División, entrando como substituto de Eneko Bóveda contra o Valencia.[5]

A pesar de contar só con 21 anos, fíxose axiña coa titularidade no centro da zaga do Athletic, xunto a Aymeric Laporte. Con todo, a súa progresión detívose bruscamente o 23 de decembro de 2016, cando o club anunciou que se lle diagnosticara un cancro nun testículo e que se operaría a seguinte semana.[6] A pesar disto, volveu aos terreos de xogo só 46 días despois, disputando os 90 minutos dunha derrota por 3-0 contra o FC Barcelona,[7][8] Pechou a campaña cun total de 35 encontros, 33 deles como titular.

En xuño de 2017 detectáronselle máis anormalidades cancerosas, polo que tivo que someterse a un tratamento de quimioterapia. Ao seu regreso ao campo de adestramento do club ao mes seguinte, foi recibido por todo o cadro de xogadores, que afeitaran a cabeza como xesto de solidariedade.[9] Tardou 259 días en volver vestir a camiseta do Athletic, reaparecendo o 4 de febreiro de 2018, o Día Mundial contra o Cancro,[10] nun encontro de liga ante o Girona.[11]

O 18 de xullo de 2019 o club renovou o seu contrato por sete anos.[12] Durante a tempada anterior o central recuperara a titularidade, na que foi un habitual durante as seguintes campañas. O 25 de xaneiro de 2021 marcou o seu primeiro gol co Athletic, rematando de cabeza un centro de Iker Muniain nunha vitoria por 5-1 ante o Getafe en San Mamés.[13]

Con máis de 250 partidos co primeiro equipo, participou das conquistas da Supercopa de España en 2021 e da Copa do Rei en 2024. En setembro de 2025 recibiu unha sanción de 10 meses por dopaxe involuntaria, tras dar positivo nun control despois dun partido da Europa League. Na resolución emitida pola UEFA indícase que o incidente se orixinou na inxestión accidental dunha substancia prohibida contida nun medicamento preventivo contra la caída do cabelo, pertencente á parella do futbolista.[14]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

O 23 de marzo de 2017 debutou coa selección española sub-21 nun partido amigable contra Dinamarca.[15] Foi convocado para a Eurocopa sub-21 dese ano, pero retirouse por enfermidade antes do inicio do torneo.

En 2018 foi convocado por Julen Lopetegui para un amigable da selección española absoluta contra Suíza,[16] aínda que non chegou a entrar ao campo.[17] Tamén xogou coa selección do País Vasco, debutando contra Costa Rica en novembro de 2020.[18]

  1. Radio Galega (29 de xuño de 2022). 'Convivir deportivo', en Sobrado dos Monxes: Visita ao seu concello n.º 150 de Galicia (Radio). 
  2. Ortiz de Lazcano, Javier (24 de decembro de 2016). "Yeray, el gran descubrimiento". El Correo (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  3. "El que la sigue, la consigue". Marca (en castelán). 24 de agosto de 2015. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  4. "Yeray, el superviviente de Sassuolo". El Correo (en castelán). 24 de novembro de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  5. "El Valencia, ni con ventaja". Marca (en castelán). 8 de setembro de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  6. "Yeray sufre un tumor testicular". Marca (en castelán). 23 de decembro de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  7. "Yeray vuelve a jugar 46 días después de ser operado de un cáncer de testículos". ABC (en castelán). 4 de febreiro de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  8. "Barcelona 3-0 Athletic Bilbao". BBC (en inglés). 4 de febreiro de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  9. "Yeray Alvarez: Athletic Bilbao players shave heads to support defender diagnosed with cancer". BBC (en inglés). 7 de xullo de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  10. "Yeray: «Del cáncer se sale, lo he demostrado en el campo»". El Correo (en castelán). 4 de febreiro de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  11. "Stuani castiga al Athletic y el Girona ya aspira a Europa". Diario AS (en castelán). 4 de febreiro de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  12. "Oficial: El Athletic renueva y blinda a Yeray Álvarez" (en castelán). 18 de xullo de 2019. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  13. "El Athletic es ahora un superequipo". Marca (en castelán). 25 de xaneiro de 2021. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  14. "El central del Athletic Club Yeray Álvarez, sancionado 10 meses por dopaje". El País (en castelán). 8 de setembro de 2025. Consultado o 8 de setembro de 2025. 
  15. "Amistoso Sub-21, España-Dinamarca: Remontada y récord (3-1)" (en castelán). 24 de marzo de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  16. "España se examina en un amistoso ante Suiza". El Periódico de Aragón (en castelán). 11 de xuño de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  17. "World Cup 2018" (en inglés). 3 de xuño de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  18. "Euskadi gana a Costa Rica en el descuento". Marca (en castelán). 16 de novembro de 2020. Consultado o 20 de agosto de 2024.