Yepes
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2018.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | ||||
Provincia | provincia de Toledo | ||||
Capital | Yepes | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.397 (2023) (63,49 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 85 km² | ||||
Altitude | 699 m | ||||
Comparte fronteira con | Ocaña Almonacid de Toledo (pt) Aranjuez Villasequilla (pt) Huerta de Valdecarábanos (pt) Ciruelos (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 45313 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 45202 | ||||
Páxina web | yepes.es | ||||
Yepes é unha localidade da provincia de Toledo, Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha, en España. Pertence á comarca de Mesa de Ocaña.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Puidera provir de Hepes, que daría Hiepes, Iepes, Yepes. É posible que este "Hepes" sexa un topónimo mozárabe. Cítase no 1212, aparecendo como unha pequena aldea.
Historia
[editar | editar a fonte]Catalogada como Conxunto Histórico-Artístico, a Moi leal vila de Yepes, ten a primeira presenza humana documentada nun poboado celtibérico fundado cara ao 600 a. C.
A antiga Hippo ou Hippona dos carpetanos, en época romana, onde os celtiberos derrotaron ás tropas dos romanos Quintio e Calpurnio, toma o seu nome actual baixo a dominación musulmá, cando a denominaron Hepes, que daría "Hiepes", "Iepes", "Yepes"..
No reinado de Afonso VII, cédese en 1145 "al Concello de San Nicolás Yepes y su castillo". En 1213, Afonso VIII dóalle ao arcebispo Jiménez de Rada o mortuorio das aldeas de Hepes e Fontes; e en 1223, o dito arcebispo, dota de foro de poboación á vila de Yepes. Aparece con frecuencia nomeado en documentos mozárabes do século XIII. En 1215 divídense os terreos de Iepes e Ocaña. O documento é importante, porque concédelle a zona montañosa ou desértica, denominada "Xara", a Yepes, fronte a pretensións de Ocaña que non puideron demostrar documentalmente os seus dereitos.
Yepes foi sempre, por privilexio real, gobernada polo Pobo, no seu concello os fidalgos non tomaron parte, constituíndo isto unha excepción. En 1517, Fernando Colón, na súa "Cosmografía", fala deste pobo. Con licenza do papa Gregorio XIII, Filipe II vende en 1576 a vila de Yepes ao seu Concello e debido ás súa puxanza durante os séculos XVI e XVII, fará que reciba o apelativo de "Toledillo".
Foi cabeza dunha comarca formada por seis pobos ademais de Yepes: Villasequilla de Yepes, Cabañas de Yepes, Pela, Cabeza, Cinco Yugos e Fontes.
Entre os seus muros asináronse os esponsais dos Reis Católicos, e son naturais da vila ou están vinculados a ela importantes figuras das artes e a literatura como son frei Juan de Yepes, san Juan de la Cruz, frei Diego de Yepes (confesor de Filipe II e Santa Teresa de Xesús), Luis Tristán (discípulo do Greco), e Calderón de la Barca, a quen esta vila lle encargou, en 1637, o auto sacramental El Mágico Prodigioso, para representar a obra o día do Corpus Christi; entre outros, que eloxiaron os seus viños nas súas obras como Góngora ou Jorge Manrique.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Atópase no extremo occidental da comarca da Mesa de Ocaña, nunha extensa e elevada chaira calcaria, ao nordeste da provincia de Toledo. Limita polo norte con Ciruelos e Ocaña (TO) e Aranjuez (M). Polo sur con Villasequilla e Huerta de Valdecarábanos (TO). Polo leste con Ocaña (TO) e polo oeste con Aranjuez (M) e Almonacid (TO). Ten unha extensión de 85 km², ocupando 19 km de leste a oeste e 10 km de norte a sur.
Ten as vías de comunicación Autovía de Andalucía (A4), Autoestrada Radial 4, e N-400, a 11 km, e pola mesma vila atravesan a CM-4005 (a Mora e Madrid), CM-4014 (a Ocaña), CM-4004 (á comarca da Sagra e Toledo), ademais da futura A-40 (Autovía de Castela a Mancha Maqueda-Cuenca).
Dista de Madrid 60 km, de Toledo 40 km, de Ocaña 12 km e de Aranjuez 17 km.
Relevo
[editar | editar a fonte]O relevo consiste nunha ampla chaira interrompida por pequenos outeiros illados e suaves lombas até onde a mesa de Ocaña termina, dando vista ao río Algodor e o val do Texo. O páramo acábase e o desnivel confúndese entre altos, veigas e barrancos formados pola erosión de torrentes.
Situado, pois, entras as amplas chairas da Mancha e o Val do Texo, que descende suavemente de leste (860m) a oeste (570m) sobre a plataforma estrutural da mesa de Ocaña, xeoloxicamente consta dun páramo coroado por calcarias lacustres do Mioceno Superior, e dunha delgada capa superficial de arxila con cantos e margas grises con xesos nas ladeiras.
Clima
[editar | editar a fonte]Pódese incluír dentro do piso bioclimático chamado mesomediterráneo, que se caracteriza por unha temperatura media anual entre 17 °C e 13 °C, temperaturas medias das mínimas do mes máis frío entre 5 °C e -1 °C; e temperaturas das máximas do mes máis frío entre 13 °C e -8 °C. Os meses extremos con xiadas son decembro e xaneiro. Os veráns son moi calorosos e secos, con medias mensuais de 26 °C en xullo e agosto. Segundo a clasificación de Köpper, trátase dun clima temperado mediterráneo de veráns cálidos e invernos suaves.
Hai escasas precipitacións procedentes do Atlántico, moi atenuadas debido ás cadeas montañosas que bordean a meseta e ao anticiclón dos Azores, polo que é unha das zonas máis secas da Península Ibérica. Segundo o mapa de isoietas, Yepes estaría emprazado na zona Manchega, e atendendo ao ombroclima de Rivas Martínez, pertence ao tipo seco con precipitacións de 350mm. a 600mm. predominando a finais de outono e na primavera, a mediados de inverno son pouco frecuentes e rara vez en forma de neve.
Hidrografía
[editar | editar a fonte]Reprodúcese unha estampa típica do clima mesomediterráneo, coas súas características de escaseza e irregularidade nas precipitacións, con pequenos regos de pouca relevancia que verten as súas augas á cunca do Texo.
- Arroio Melgar: significa alfalfa silvestre, continuación do arroio Cedrón. Orixínase en La Guardia, atravesando Yepes polo sur, para desembocar no Texo.
- Arroio da Veguilla: orixínase no barranco de La Veguilla, atravesa Yepes polo sur, dando orixe ao Val que discorre paralelo ao municipio e desemboca no "Pasillo", este á súa vez no Melgar, sendo utilizado para regadío das terras lindantes. Actualmente só leva auga cando hai abundantes precipitacións.
- Manancial da Fonte do Baño: ten augas de propiedades medicinais.
- Fonte de Valderretamoso: manancial subterráneo que ve a luz en dita fonte de orixe musulmá.
- Barrancos con dirección S.O.: Valdepozuelo, Valdelobos e Valcarrizal.
- Barrancos con dirección N.O.: La Gallega, de Gonzalo e de El Gredero.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación de Yepes desde 1900.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- MERLOS ROMERO, María Magdalena: Yepes en la Edad Media: población, urbanismo, arquitectura.- 1ªed.- Toledo: Instituto Provincial de Pnvestigaciones y Pstudios Toledanos,1998.- serie Iª, monografías nº50.-ISBN 84-87103-78-2
- MAROTO GARRIDO, Mariano y MARTÍN MONTES, Esperanza: Fundación del convento carmelita de San José y San Ildefonso s.XVII.- 1ªed.- Toledo: Ayuntamiento de Yepes,2001.- serie: historia de Yepes, I.- ISBN 84-606-3162-1
- COLEGIO PÚBLICO RAFAEL GARCÍA VALIÑO: Yepes, mi pueblo.- 1ªed.- Toledo: Colegio Público Rafael García Valiño de Yepes (Toledo), 2000.- D.L.: TO-1947-2000
- TRILLO SIABA, Tirso: Breve historia de Yepes.- 1ªed.- Toledo: Instituto Provincial de Pnvestigaciones y Pstudios Toledanos, 1982.- serie VI. Temas Toledanos, 19.- ISBN 0211-4607
- GÓMEZ-MENOR, J.C: La villa de Yepes en el siglo XVI.- Toledo: Provincia, nº73