Luis Tristán
Nome orixinal | Luis Tristán de Escamilla |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1586 Toledo, España |
Morte | 7 de decembro de 1624 (37/38 anos) Toledo, España |
Outros nomes | Tristán |
Actividade | |
Lugar de traballo | Toledo |
Ocupación | pintor |
Profesores | El Greco |
Obra | |
Obras destacables
| |
Luis Tristán de Escamilla, nado en 1585 e finado en 1624, foi un pintor español, o principal dos discípulos de El Greco. É coñecido habitualmente como Luis Tristán e, incluso, ás veces como simplemente Tristán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tristán naceu na mesma cidade de Toledo no ano 1585. Formou parte do taller de El Greco entre 1603 e 1606. Nos anos seguintes viaxou a Italia, onde estivo até 1613, independizándose posteriormente. O seu primeiro contrato coñecido é do ano 1613. Poucos anos despois faleceu o 7 de decembro de 1624.
Estilo
[editar | editar a fonte]Cóidase que Tristán realizou copias de cadros de El Greco, que figuran asinados polo mestre, pero o seu estilo, a pesar de ser considerado como o discípulo máis importante, é diferente, pois mostra tipos máis realista, con uso de técnicas claroscuras que aproximan a obra de Luis Tristán á doutros pintores de comezos do século XVII, influenciados polo tenebrismo.
Obra (selección)
[editar | editar a fonte]- Santa Cea (1613), Cuerva.
- Retablo da igrexa de Yepes (1616), Toledo, do que fican fragmentos no Museo do Prado.
- San Domingos penitente, Casa Museo de El Greco, Toledo.
- Cristo na cruz, Casa Museo de El Greco, Toledo.
- Trindade (1624), Capela dos Cálices, Catedral de Sevilla.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luis Tristán |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alfonso E. Pérez-Sánchez; Navarrete Prieto, Benito, Luis Tristán: 1585-1624. Ediciones del Umbral. 2001