Yaa Gyasi
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1989 (34/35 anos) Mampong, Ghana (en) |
Educación | Universidade Stanford Universidade de Iowa Virgil I. Grissom High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Novela histórica |
Ocupación | novelista, escritora |
Período de actividade | 2016 - |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Yaa Gyasi, nada en Mampong en 1989[1], é unha escritora ghanesa e estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É filla de Kwaku Gyasi, profesor de Francés na Universidade de Alabama en Huntsville, e Sophia, enfermeira.[2][3] A súa familia mudouse aos Estados Unidos en 1991 cando o seu pai completou o seu doutoramento na Universidade do Estado de Ohio.[1][4] A familia viviu tamén en Illinois e Tennessee, e desde os dez anos Gyasi creceu en Huntsville (Alabama).[1][5]
Gyasi lembra ser tímida de nena, sentirse próxima aos seus irmáns polas experiencias compartidas como nenos inmigrantes en Alabama, e recorrer aos libros como os seus "mellores amigos".[4] Recibiu un certificado de méritos da man de LeVar Burton logo enviar o seu primeiro relato ao concurso Reading Rainbow para novos creadores e ilustradores, e aos dezasete anos, logo de ler Song of Solomon de Toni Morrison mentres asistía ao instituto Grissom, decidiuse a ser escritora.[4]
Gradououse en Lingua e literatura inglesas pola Universidade de Stanford. Despois de rematar a carreira comezou a escribir a súa primeira novela e empezou a traballar nunha empresa emerxente en San Francisco, pero deixouno[6] e marchou facer un mestrado en Belas artes no Obradoiro de Escritores de Iowa, un programa creativo de escritura da Universidade de Iowa.[5][6] En 2016, vivía en Berkeley, California.[6][7]
A súa primeira novela, Homegoing, está inspirada nunha viaxe a Ghana que fixo en 2009, a primeira vez que viaxaba fóra dos Estados Unidos desde que era nena. A obra foi rematada en 2015, e despois de prsentala a varios editores, tivo diversas propostas até que aceptou unha oferta millonaria de Alfred A. Knopf.[6] Ta-Nehisi Coates seleccionou Homegoing para o premio "5 menos de 35" da National Book Foundation en 2016,[5] e a novela recibiu varios premios máis.[7][8][9][10]
Escribiu en publicacións como African American Review,[11] Callaloo,[12] Guernica[13] The Guardian,[14] ou Granta.[15]
Gyasi cita Toni Morrison (Song of Solomon), Gabriel García Márquez (Cien años de soledad), James Baldwin (Go Tell It on the Mountain), Edward P. Jones (Lost in the City), e Jhumpa Lahiri (Unaccustomed Earth) como inspiracións.[4][6][16]
Obra
[editar | editar a fonte]- Homegoing (2016)
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Nacional John Leonard do Círculo de Críticos Literarios ao mellor primeiro libro[17]
- Premio Hemingway Foundation/PEN ao mellor primeiro libro de ficción[18]
- Premio 5 under 35 da National Book Foundation
- American Book Award[19]
- 2017: Granta Mellor escritora nova estadounidense[20][21][22]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Maloney, Jennifer (26 de maio de 2016). "Homegoing by Yaa Gyasi, Born in Ghana and Raised in the U.S.". Wall Street Journal. ISSN 0099-9660. Consultado o 2 de decembro de 2016.
- ↑ Anderson-Maples, Joyce (2 de decembro de 2016). "UAH welcomes Yaa Gyasi, author of The New York Times best-selling book Homegoing". The University of Alabama in Huntsville. Consultado o 2 de decembro de 2016.
- ↑ Haskin, Shelly (28 de agosto de 2016). "How an Alabama author's debut novel landed her on 'The Daily Show'". AL.com. Consultado o 4 de decembro de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Begley, Sarah (5 de xuño de 2016). "A 26-Year-old Looks to the Past for Her Literary Debut". Time. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Yaa Gyasi, author of Homegoing, 5 Under 35, 2016, National Book Foundation". National Book. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2016. Consultado o 2 de decembro de 2016. Arquivado 03 de decembro de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Wolfe, Eli (28 de xuño de 2016). "How Yaa Gyasi found her story in slavers' outpost". San Francisco Chronicle. Consultado o 1 de marzo de 2017.
- ↑ 7,0 7,1 "PEN/Hemingway Award for Debut Fiction". PEN New England (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2017. Consultado o 23 de abril de 2017.
- ↑ Associated Press (4 de agosto de 2017). "Debut novelist among winners of American Book Awards". The Washington Times (en inglés). ISSN 0190-8286.
- ↑ Alter, Alexandra (17 de xaneiro de 2017). "Zadie Smith and Michael Chabon Among National Book Critics Circle Finalists". New York Times..
- ↑ "100 Notable Books of 2016". The New York Times. 21 de novembro de 2016. ISSN 0362-4331. Consultado o 2 de decembro de 2016.
- ↑ AAR African American Review.
- ↑ "Yaa Gyasi", National Book Festival, Library of Congress.
- ↑ Yaa Gyasi, "Inscape", Guernica, 15 de xuño de 2015.
- ↑ "Yaa Gyasi: ‘I write a sentence. I delete it. I wonder if it’s too early for lunch’". The Guardian. 28 de outubro de 2017.
- ↑ Gyasi, Yaa (25 de abril de 2017). "Leaving Gotham City". Granta 139: Best of Young American Novelists.
- ↑ "Five books: The books that influenced Yaa Gyasi". Penguin. 2016. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 1 de marzo de 2017. Arquivado 30 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ "National Book Critics Circle: National Book Critics Circle Announces 2016 Award Winners - Critical Mass Blog". Book Critics. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2019. Consultado o 9 de febreiro de 2019.
- ↑ "Interview with Yaa Gyasi, 2017 PEN/Hemingway Award Winner | The Hemingway Society". www.hemingwaysociety.org. Consultado o 9 de febreiro de 2019.
- ↑ "2017 American Book Awards announced! | Before Columbus Foundation" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 9 de febreiro de 2019. Arquivado 09 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.
- ↑ Kellogg, Carolyn, e Michael Schaub, "Granta names 21 of the best young American novelists" Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine., The Los Angeles Times, 26 de abril de 2017.
- ↑ "Granta’s list of the best young American novelists", The Guardian, 26 de abril de 2017.
- ↑ Onwuemezi, Natasha, "Granta reveals its Best of Young US Novelists 2017", The Bookseller, 26 de abril de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yaa Gyasi |
- NYT SundayReview Opinion by Yaa Gyasi, "I'm Ghanaian-American. Am I Black?" 8 de xuño de 2016
- Entrevista en Daily Show con Trevor Noah Arquivado 28 de novembro de 2020 en Wayback Machine. (vídeo, 5:43), 16 de agosto de 2016
- Entrevista en Late Night con Seth Meyers (vídeo, 3:15), 2 de agosto de 2016
- Entrevista de Tavis Smiley Arquivado 05 de marzo de 2018 en Wayback Machine. (vídeo, 11:34) e transcrición, 2 de xuño de 2016
- Kate Kellaway, "Yaa Gyasi: ‘Slavery is on people’s minds. It affects us still’", The Guardian, 8 de xaneiro de 2017.
- "Yaa Gyasi" Arquivado 07 de xullo de 2019 en Wayback Machine., en Foyles.
- Alec Russell, "Yaa Gyasi: ‘Racism is still the drumbeat of America’", 20 de abril de 2018.