James Baldwin
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2023.) |
James Baldwin, nado en Harlem (Nova York) o 2 de agosto de 1924 e finado en St. Paul de Vence (Francia) o 1 de decembro de 1987, foi un novelista afroamericano, coñecido pola súa novela Go Tell it on the Mountain (Vaino contar na montaña).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A maior parte da obra de Baldwin refírese ao racismo e ao sexo nas mediadas do século XX nos Estados Unidos, as súas novelas reflicten as complexas presións, sociais e psicolóxicas, de ser negro e homosexual antes de que a sociedade puidera asumir a igualdade deses grupos.
Fillo dun predicador, a Baldwin gustáballe ler e escribir dende moi novo, seguindo os pasos de seu pai predica nunha pequena igrexa de Harlem durante tres anos, desexoso de arredarse da casa atopa un traballo en Nova Jersey, ademais realiza recensións para as editoriais.
En 1948 trasládase a vivir a París, seguindo os pasos de Ernest Hemingway, Gertrude Stein, F. Scott Fitzgerald, Richard Wright e moitos outros. Durante unha estadía en Suíza escribe a súa primeira novela, Go Tell it on the Mountain (1953), obra autobiográfica sobre a súa mocidade en Harlem; aínda que na súa época non obtivo recoñecemento, hoxe está considerada un clásico da literatura norteamericana.
Obra
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |