Xosé Manuel Blanco Prado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Manuel Blanco Prado 14 de abril de 1950 (74 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor , profesor de ensino secundario |
Lingua | Lingua galega |
Xosé Manuel Blanco Pardo, nado na Coruña o 14 de abril de 1950, é un etnógrafo e ensaísta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade exerce como profesor numerario de Filosofía no IES Xoán Montes de Lugo. Foi socio fundador da Asociación de Amigos do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos. Colabora con temas relacionados coa antropoloxía, etnografía e historia en distintos boletíns e revistas culturais: Boletín do Museo Provincial de Lugo, Caderno de Estudios Chairegos, Castiñeiro Milenario, Croa, Estudios Mindonienses, Lucensia, Lucus, Pena do Encanto etc., así como en revistas dixitais como Galicia Encantada. Desde o ano 2009 coordina e colabora na nova revista dixital Etnografía ligada ao Mesón do Forno.
Conseguiu as seguintes distincións: IX Certame Literario da Terra Chá, 1972; Premio de periodismo Manuel Mato Vizoso nos anos 1982 e 1984; e Premio Cal da Loba no 1999. Foi nomeado Milagrosista 1997.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- As Romaxes da Terra Chá, 1982, Deputación de Lugo.
- Exvotos e rituais nos santuarios lucenses, 1996, Deputación de Lugo.
- Santuarios da Terra Chá. 2019. IES Terra Chá. Vilalba (Lugo)
- Santuarios da provincia de Lugo. Estudio Fotográfico. Vicepresidencia segunda da Deputación. Lugo. 2023.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Cruces e cruceiros do Municipio de Begonte, 1988, Deputación de Lugo.
- Catálogo de cruceiros da Terra Chá: Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei, 1998, Ediciós do Castro.
- Cruceiros de Guitiriz, 1999, Ediciós do Castro.
- Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade, 2000, Cadernos do Seminario de Sargadelos, Ediciós do Castro.
- Cruceiros, Cristos e Cruces da Pastoriza, 2002, Ediciós do Castro.
- Cruceiros, Cristos e Cruces de Xermade, 2004, Ediciós do Castro.
- Esmoleiros, Cruceiros, Cristos e Cruces de Abadín, 2006, Ediciós do Castro.
- Catálogo de Cruceiros de Muras, 2009.
- Catálogo de Cruceiros de Vilaba, 2011.
- Tempos de festa en Galicia, Fundación Caixa Galicia.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Religiosidad popular en el Municipio de Begonte, 1991, Deputación de Lugo.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Begonte, pasado y presente, 1987, Alvarellos.