Xosé Conde Corbal
Xosé Conde Corbal | |
---|---|
Nacemento | 5 de abril de 1923 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 5 de marzo de 1999 |
Lugar de falecemento | Vilagarcía de Arousa |
Nacionalidade | España |
Ocupación | pintor e gravador |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Conde Corbal, nado en Pontevedra o 5 de abril de 1923 e finado en Vilagarcía de Arousa o 5 de marzo de 1999, foi un debuxante, gravador e pintor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo os estudos de primaria na escola de dona Estreliña e despois no Colexio Balmes, e o bacharelato no Instituto de Pontevedra.
Achegouse ao PCE, para abandonalo nos anos noventa e achegarse ao Partido Galeguista.
Colaborou en El Imperio de Zamora, La Región, Diario de Pontevedra e Faro de Vigo.
Pintou a finais da década dos setenta e princios dos oitenta a serie O faldel da guerra.
Teñen obra súa o Museo de Pontevedra a Colección Afundación e o Museo Municipal Quiñones de León de Vigo.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Margarita Escuredo, e foi pai de once fillos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pablos, Francisco (1981). Plástica Gallega (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. ISBN 84-7231-603-3.
- Diccionario enciclopédico galego universal. La Voz de Galicia. 2003-2004. ISBN 84-7680-429-6.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "Conde Corbal, Xosé". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- O faldel da memoria de Conde Corbal. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. 2023. ISBN 978-84-8457-531-3.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Xosé Conde Corbal na Colección Afundación.
- "Reivindicación del legado de Xosé Conde Corbal" (6/4/2023). La Voz de Galicia (en castelán)