Xosé Cendón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Cendón
Nome completoJosé Manuel Cendón Docampo
Nacemento2 de agosto de 1974
 Caracas
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Carlos III de Madrid
Ocupaciónfotojornalista
PremiosOrtega y Gasset Awards, World Press Photo of the Year, Oskar Barnack Award e China International Press Photo Contest
editar datos en Wikidata ]

Xosé Manuel Cendón Docampo, coñecido como Xosé Cendón, nado en Venezuela en 1974, é un fotógrafo e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de emigrantes en Venezuela, marchou con tres anos para Santiago de Compostela. Alí criouse e estudou económicas durante catro anos na Universidade de Santiago de Compostela, ata que marchou estudar xornalismo e cine a Madrid. En 2002 comeza a traballar como fotógrafo freelance en distintos países do mundo, como Colombia, Israel, Venezuela e Palestina, e tamén para a axencia española Cover. En 2004 pasa a traballar para Associated Press e logo para a axencia de noticias francesa France Press, coa que se especializou en África. Traballou en Darfur e na rexión dos Grandes Lagos.

Cunha serie de fotografías sobre hospitais psiquiátricos en Burundi, Ruanda e a República Democrática do Congo, titulada Fear in the Great Lakes gañou o World Press Photo[1] e mais un dos Pictures of the Year en 2007. Cubriu para a súa axencia os acontecementos do Corno de África en 2008. Precisamente en Bosaso, na rexión de Puntlandia, foi secuestrado[2] o 26 de novembro de 2008, na estrada ao aeroporto, cando realizaba unha reportaxe sobre pirataría na costa oriental africana. Canda el foi secuestrado un xornalista británico, Colin Freeman, pois ambos os dous traballaban nunha reportaxe para o Daily Telegraph. Os secuestradores foron os gardacostas que contrataran[3][4]. Foi liberado o 4 de xaneiro de 2009[5].

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]