Xosé Artiaga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xullo de 1955 (69 anos) Mondoñedo, España |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Sitio web | artiaga.es… |
Xosé Artiaga Barreira, nado en Mondoñedo o 10 de xullo de 1955[1], é un pintor, gravador, fotógrafo e artista multimedia, así como catedrático de debuxo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xosé Artiaga Barreira naceu na vila de Mondoñedo o 10 de xullo de 1955[2]. Estudou na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando, en Madrid[1][3]. En 1983 presentou a tese de validación para licenciatura na Facultade de Belas Artes (Universidade Complutense de Madrid) co título La cultura castreña, dirixida polo profesor Juan Fernando de Laiglesia[4].
A súa arte pasou dun intimismo figurativo, caracterizado tecnicamente pola materialidade da súa pintura e o emprego da cor, a unha cada vez maior abstracción e esquematismo a partir de finais dos anos 80[5]. Son as súas series máis importantes na década dos 90 e comezos do novo século "Presencias" (1990-93), "Reencontres" (1994, no que comeza a experimentar coa fotografía) e "Utopías" (2000, no que emprega elementos dixitais).
Participou en numerosos certames de arte de modo regular, en moitas ocasións da man da Galería Emilio Navarro, de Madrid. Aos vinte e seis anos presentouse coa obra Personaje de madrugada ao IX Certame Nacional de Arte convocado pola Caixa de Aforros de Guadalaxara, resultando elixido entre os trinta e tres finalistas, cuxas obras se expuxeron a partir do 30 de outubro de 1981[6]. A súa primeira exposición individual tivo lugar en abril de 1985 na sala de exposicións da Deputación provincial de Lugo, e a súa primeira exposición en Madrid foi na Sala Columela en 1988[5]. Tamén ten exposto obra en Art Basel, ARCO, Salón dos 16, Mostra Gas Natural Fenosa, Chicago Internacional Art Exposition[1] ou Premio de Pintura L'Oreal, entre outros. Así mesmo ten colaborado con diferentes medios xornalísticos, como Diario 16, El Progreso (Lugo), Faro de Vigo, El Correo Gallego (Santiago) e a revista Monfadal (revista mindoniense de cultura)[7].
Posúe ademais obra mural realizada para edificios da Xunta de Galicia en Lugo, Viveiro e Xermade[7].
En 1994 recibiu o VII Premio Constitución de Pintura da Xunta de Estremadura, e do mesmo xeito o Premio de Pintura L'Oreal en varias ocasións[1].
Ten obra exposta no Museo Provincial de Lugo, na Colección de Arte da Xunta de Galicia (Santiago), na Colección Banco de España (Madrid)[5], no Centro Galego de Arte Contemporánea[8][1][9], no Concello de Mondoñedo, na Cultural Rioxa (Logroño), na Colección Comisionado do V Centenario de Galicia, na Colección Xunta de Estremadura, no Concello de Alcorcón e na Comunidade de Madrid[7].
En febreiro de 1996 saíu á luz o primeiro número da revista Arte y Parte, subtitulada «revista bimestral de información artística», un referente no eido internacional sobre as artes plásticas latinas[10], dirixida polo crítico galego Miguel Fernández-Cid, quen de xeito recorrente ten analizada a obra de Artiaga desde que o coñeceu en 1984[11]. Aquel recoñeceu xa nese mesmo número a atención e colaboración prestada na xestación do devandito proxecto xornalístico a, entre outros, Xosé Artiaga[12]. En 1998 foron escollidas catro das súas obras, pertencentes á serie Reencontres, para ilustrar na devandita revista un dos relatos da sección Palabras para el arte[13].
En 2017 foi un dos tres artistas invitados seleccionados para o VII Encontro de Artistas Novos "Cidade da Cultura" para impartir unha clase maxistral, xunto a María Cañas e Berta Álvarez Cáccamo[14].
Vida familiar
[editar | editar a fonte]É pai do tamén artista e crítico José Artiaga Rodero[15] e da profesora e comisaria de arte Saudade Artiaga Rodero[16].
Crítica artística
[editar | editar a fonte]A dicir do crítico Miguel Fernández-Cid na súa obra reflíctese unha reivindicación do seu lugar de orixe, explicando que «as súas pinturas son de aparencia fría, mais evocan un ollar selectivo, unha actitude a un tempo intensa e reflexiva»[17], cualificándoo tamén de «racionalista emocional»[11].
Fundamentalmente a partir de mediados dos anos 1990, Artiaga experimenta cada vez con maior asiduidade con outros soportes. Así, por exemplo, coa fotografía. O crítico David Barro sinala neste sentido que «muda de soporte, pero non de bandeira, non funciona como un oportunista, senón que se apoia na fotografía co propósito de conseguir resultados que a pintura non acada, nunca para traizoala»[18].
Labor como docente
[editar | editar a fonte]Á parte da súa carreira artística, ten exercido como profesor de plástica en diferentes centros educativos. En 1984 opositou para ingresar no Corpo de Catedráticos Numerarios de Bacharelato, sendo nomeado a comezos de 1986[19]. Exerceu como profesor de debuxo no IES Galileo Galilei (de Alcorcón, desde o curso 1987-88)[20][21], no IES Iturralde (de Madrid)[7] e en Vilagarcía de Arousa[22].
En paralelo ás súas inquedanzas artísticas e ao seu compromiso coa protección dos animais, ten desenvolvido iniciativas en centros escolares que pretenden fomentar tanto a creatividade artística como o amor polos animais[23].
A Fundación Artiaga
[editar | editar a fonte]O 8 de xullo de 2015 creou en Vilagarcía de Arousa a Fundación Artiaga[24], clasificada como de interese cultural pola Xunta de Galicia no mesmo ano[25]. Esta fundación ten por obxectivo a divulgación da cultura a través da arte, contribuír ao desenvolvemento cultural, social e científico de Galicia, promover o estudo e conservación da obra de Xosé Artiaga, así como a busca de novos artistas, e protexer aos animais abandonados. O padroado está presidido polo artista e completado nos cargos de vicepresidente e secretaria polos seus dous fillos, José e Saudade Artiaga Rodero.
Para recadar fondos para esta fundación, organizou en 2017 unha exposición colectiva itinerante titulada "AAN in ART", na que se reuniron obras de 42 artistas plásticos galegos, pasando en marzo pola Fundación Torrente Ballester (Santiago de Compostela)[26] e en xullo polo Pazo de Sabadelle (Sabadelle, Chantada)[27][28].
Exposicións
[editar | editar a fonte]- IX Certame Nacional de Arte Caixa de Aforros de Guadalaxara (Guadalaxara, outubro 1981)[6]
- José Artiaga. Grabados, ADART (Madrid, xaneiro 1983)[29]
- José Artiaga. Dibujos, Libraría Abril (Madrid, febreiro 1983)[30]
- Sala de exposicións da Deputación Provincial de Lugo (Lugo, abril 1985)
- Sala Pena Trapero (Mondoñedo, abril 1985)
- V Salón Nacional de Artes Plásticas (Alcobendas, Madrid, 1985)[1]
- I Bienal de Pintura Fundación Araguaney (Santiago de Compostela, decembro 1985)
- 1990 (A Coruña, Santiago e Vigo, marzo 1986)[31]
- Galería Sargadelos (Santiago de Compostela, marzo 1986)[7]
- Galicia: chove sobre mollado, UIMP (Palacio da Magdalena, Santander, agosto 1986)[7]
- Dezasete Pintores de Lugo (Bos Aires na Arxentina[1][7], Lugo, Pontevedra e Santiago, 1986/87)
- IX Bienal de Arte (Pontevedra, agosto 1987)[7][5]
- Sala Casa da Parra (Santiago de Compostela, setembro 1987)[32][7]
- Sala Durán Loriga (A Coruña, outubro 1987)[7]
- Galería Columela (Madrid, abril 1988)[33][7]
- Revisión dunha década 1978-1988 (Santiago[7] e Vigo, xuño/xullo 1990)
- II Bienal de Artes Plásticas Cultural Rioxa (Logroño, xullo 1990)[7]
- En la arena, Galería Emilio Navarro (Madrid, 1990)[7]
- Presencias, Galería Emilio Navarro (Madrid, outubro 1990)
- IV Premios Constitución de Pintura[7] (Badaxoz e Cáceres, febreiro/marzo 1991)
- 40 grados a la sombra, Galería Emilio Navarro (Madrid, 1991)[7]
- II Mostra Unión Fenosa (A Coruña, xullo 1991)
- Alquilart (Madrid, 1991)
- XI Salón dos 16, Palacio de Velázquez e Centro de Arte Raíña Sofía (Madrid, setembro 1991)[7]
- VII Premio de Pintura L´Oréal, Casa de Velázquez (Madrid, outubro 1991)
- II Certame de Pintura da UNED, Casa de Velázquez (Madrid, xaneiro 1992)[1]
- XI ARCO 92, pola Galería Emilio Navarro (Madrid, febreiro 1992)[7]
- Galería Delpasaje (Valladolid, abril 1992)[7]
- Le printemps des arts, Créations 92-Espagne, Maison des Arts Georges Pompidou (Cajarc, Francia, abril/maio 1992)[7]
- Chicago Internacional Art Exposition, pola Galería Emilio Navarro (Chicago, Estados Unidos, 1992)[7]
- Art 23' 92 (Basilea, Suíza, xuño 1992)[7]
- Pintores y Escultores Gallegos en la EXPO´92, Pavillón de Galicia (Sevilla, 1992)[7]
- Artistas en Madrid, EXPO´92, Pavillón da Comunidade de Madrid (Sevilla, 1992)
- XII ARCO 93, pola Galería Emilio Navarro (Madrid, febreiro 1993)[7]
- Trazos e Camiños[7] (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, 1993)
- Cimal Arte Internacional 41 (Valencia, 1993)
- IV Bienal de Pintura Cidade de Pamplona (Pamplona, marzo 1993)
- Ultreia (Lugo, 1993)[7]
- XIII Certames nacionais Cidade de Alcorcón (Alcorcón, Madrid, febreiro 1994)[7]
- Colección de Arte da Xunta de Galicia 1986-1993 (1995)
- III Certame Nacional de Pintura La General (Granada, marzo 1995)
- IV Mostra Unión Fenosa (A Coruña, agosto 1995)[34]
- XI Premio de Pintura L´Oréal, Centro Conde Duque (Madrid, outubro 1995)
- Mondoñedo: máis preto[7] (Barcelona, Bilbao, A Coruña, Xetafe, Mondoñedo, Santiago, Tréguier en Francia e Vigo, 1996/97)[1]
- Galicia, 1900-1990, Galicia Terra Única, Hospital da Caridade (Ferrol, maio 1997)[1][7]
- A Galicia exterior, Galicia Terra Única, Estación Marítima (Vigo, maio 1997)[35][7]
- Galicia hoxe, Galicia Terra Única, Fundación Pedro Barrié de La Maza (A Coruña, 1997)[7]
- V Mostra Unión Fenosa (A Coruña, agosto 1997)
- XIII Premio de Pintura L´Oréal, Centro Conde Duque (Madrid, outubro 1997)
- ¡Hasta la victoria siempre! Homenaje de los artistas gallegos al Ché, Galería Sargadelos (Santiago, decembro 1997)[36]
- XIV Premio de Pintura L´Oréal, Centro Conde Duque (Madrid, outubro 1998)
- Monfadal 1 (Mondoñedo, decembro 1998)
- IV Bienal de Lalín (Lalín, Pontevedra, abril 1999)
- VI Mostra Unión Fenosa (A Coruña, xuño 1999)
- Galería Bacelos. Exposiciones 1999-2000, Galería Bacelos (Vigo, 2000)[7]
- Novas adquisicións, Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago, 2000)[1][7]
- Monfadal 2 (Mondoñedo, novembro 2001)
- XAB: Trans (Lugo, decembro 2002 a 21 de xaneiro de 2003)[37][1][7]
- Marea negra (2003)[7]
- Excéntrico, Museo Provincial de Lugo (Lugo, 2004)[38][7]
- Ars Moenia (2004)[7]
- Haciendo deporte, Galería Caracol (Valladolid, 2005)
- Art Salamanca/06, Galería Caracol (Salamanca, decembro 2005)[39]
- Off / Fóra. Movementos imaxinarios entre Galicia e o Cono Sur, XXIX Bienal de Arte de Pontevedra (Pontevedra, xullo 2006)[40]
- Noir (Cervo, Lugo, 2006)
- XAB, sala de exposicións do Centro Cultural e de Servizos á Cidadanía de Cervo (Cervo, Lugo, xaneiro 2007)
- Fluxo e refluxo na mar da arte (2007)[41]
- Art Salamanca/07, pola Galería Caracol (Salamanca, 2007)[42]
- Artesantander 2009, pola Galería Caracol (Santander, 2009)[43]
- AAN in Art (Santiago e Chantada, 2017)[26][27]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 "Artiaga Barreira, Xosé". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada 4. El Progreso / Diario de Pontevedra / Silverio Cañada. 2003. p. 34. ISBN 84-87804-06-3.
- ↑ El Correo Gallego cita erroneamente como data de nacemento o día anterior ("Hoy cumplen años". El Correo Gallego (Santiago). 9-7-2012.)
- ↑ O expediente está recollido dentro dos grupos documentais conservados na Universidade Complutense de Madrid ("Escuela de Bellas Artes de San Fernando". Universidad Complutense (en castelán). Consultado o 9-7-2022.)
- ↑ "La cultura castreña". Worldcat. 1983. Consultado o 10-7-2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Díaz, Roberto. "Xosé Artiaga". Colección Banco de España (en castelán).
- ↑ 6,0 6,1 "La pintura como experimento". La Prensa Alcarreña (en castelán) (Guadalaxara). 30-10-1981.
- ↑ 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 7,11 7,12 7,13 7,14 7,15 7,16 7,17 7,18 7,19 7,20 7,21 7,22 7,23 7,24 7,25 7,26 7,27 7,28 7,29 7,30 7,31 7,32 7,33 7,34 7,35 7,36 "Artiaga, Xosé". Galicia Dixital. CulturaGalega.info. Consultado o 9-7-2022.
- ↑ "ARTIAGA, Xosé. Reencontres. Outros, 1996". Consultado o 27-7-2022.
- ↑ Corbelle, Sabela (27-3-2022). "Veinte artistas de Lugo tienen obra en el Centro Galego de Arte Contemporánea". El Progreso (en castelán) (Lugo).
- ↑ "Arte y Parte". Revista Culturales (en castelán). Consultado o 10-7-2022.
- ↑ 11,0 11,1 Fernández-Cid, Miguel (2002). "Por qué Xosé Artiaga". Museo Provincial de Lugo. Catálogo da exposición Trans, decembro de 2002 (en castelán).
- ↑ Fernández-Cid, Miguel (1-2-1996). "Un paseo por el arte". Arte y Parte (en castelán) (1) (Madrid). p. 7.
- ↑ "La pérdida de la sombra. Guillaume Apollinaire". Arte y Parte (en castelán) (16). 1-8-1998. p. 3, 55, 56 e 57.
- ↑ "#EAN7. VII Encontro de Artistas Novos 'Cidade da Cultura'. Del 27 al 31 de agosto de 2017. Santiago de Compostela". Gaiás. Cidade da Cultura (en castelán). 2017.
- ↑ Rueda Alonso, Margarita (coord.) (2003). Guía de artistas de Galicia (en castelán). Xunta de Galicia. Consellería de Cultura. p. 422. ISBN 84-453-3507-3.
- ↑ Artiaga Rodero, Saudade (2021). Aula creativa: nuevos paradigmas en las enseñanzas artísticas. Grado en Bellas Artes 2021-22 (guía docente) (PDF) (en castelán). Universidad Nebrija. p. 9.
- ↑ Fernández-Cid, Miguel. "XOSÉ ARTIAGA (Mondoñedo, Lugo, 1955)". Fundación Artiaga (en castelán). Consultado o 28-11-2019.
- ↑ Barro López, David (2000). "Desvelando un secreto a través de las pinturas fotografiadas de José Artiaga". Galería Bacelos. Exposicións 1999-2000 (catálogo) (en castelán). Vigo.
- ↑ "3275. Orde de 30 de xaneiro" (PDF). Boletín Oficial do Estado (en castelán) (33). 7-2-1986. p. 5116.
- ↑ "8969. Orde de 8 de abril" (PDF). Boletín Oficial do Estado (en castelán) (86). 10-4-1987. p. 10769.
- ↑ "3844. Orde de 5 de febreiro" (PDF). Boletín Oficial do Estado (en castelán) (39). 15-2-1988. p. 4845.
- ↑ "Arte na ribeira". El Correo Gallego. 18-7-2017.
- ↑ "El lado artístico de los perros". La Voz de Galicia (en castelán) (Vilagarcía de Arousa). 4-6-2016.
- ↑ López, M. (31-12-2015). "El expresidente de la Protectora vilagarciana crea una fundación para ayudar a animales". Faro de Vigo (en castelán) (Vilagarcía).
- ↑ "ORDE do 13 de outubro de 2015 pola que se clasifica de interese cultural a Fundación Artiaga". Diario Oficial de Galicia. 29-10-2015. p. 41614.
- ↑ 26,0 26,1 "Artistas ayudan al cuidado de los animales en una colectiva". El Correo Gallego. 31-3-2017.
- ↑ 27,0 27,1 Rueda, Carlos; Albo, Francisco (30-7-2017). "Sabadelle, un pazo chantadino repleto de arte". La Voz de Galicia (en castelán) (Monforte de Lemos).
- ↑ Limia de Gardón, Xabier (28-5-2018). "Ignacio Basallo e a colectiva da Fundación Arriaga". Do gran ó pan.
- ↑ "José Artiaga (grabados)". Cinco Días (en castelán). 29-1-1983. p. 21.
- ↑ "José Antiaga (dibujos)". El País (en castelán). 1983. p. 91.
- ↑ "Galería Sargadelos". Faro de Vigo (en castelán). 16-3-1986. p. 14.
- ↑ Xosé Artiaga (Casa da Parra, Santiago de Compostela, setembro 1987). Dirección Xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico-Artístico. 1987. p. 12.
- ↑ José Artiaga (Columela Galería de Arte : Madrid, abril-mayo 1988). Columela Galería de Arte. 1988. p. 12.
- ↑ "Mostra Unión Fenosa". Faro de Vigo. 1-8-1995. p. 33.
- ↑ M.O. (1-4-1997). "Galicia Terra Única". Arte y Parte (en castelán) (8). p. 122.
- ↑ "Che Guevara". Arte y Parte (en castelán) (12). 1-12-1997. p. 125.
- ↑ Barro, David (9-1-2003). "Xosé Artiaga". El Español (en castelán).
- ↑ Duque, Félix (2004). Excéntrico (catálogo exposición, 28 de xullo-15 de setembro 2004, Museo Provincial de Lugo). Deputación Provincial de Lugo. p. 147. ISBN 84-8192-269-2.
- ↑ "Agenda España". Arte y Parte (60). 1-12-2005. p. 176.
- ↑ "29 Bienal de Pontevedra". Arte y Parte (en castelán) (64). 1-8-2006. p. 88.
- ↑ Garrido Moreno, Antonio (2008). Fluxo e refluxo no mar da arte (Sala de exposicións de Sargadelos). Museo Provincial de Lugo. p. 87. ISBN 978-84-8192-397-1.
- ↑ Blázquez, Rocío (7-12-2007). "La noche protagoniza una nueva edición de Art/Salamanca". ABC (en castelán) (Salamanca).
- ↑ "Artesantander 2009 ha recibido un total de 10.000 visitantes, 1.500 más que el año pasado". Europa Press (en castelán). 26-7-2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Artigos
- Soto, Juan (3-4-1985). "Artiaga". El Progreso. Táboa Redonda (en castelán) (Lugo).
- Osorio, Carmen (14-4-1985). "Vehemencia explosiva en la pintura de Artiaga". La Voz de Galicia (en castelán).
- Trapero Pardo, José (14-4-1985). "La transrealidad en la obra de Artiaga". El Progreso (en castelán) (Lugo).
- Fernández-Cid, Miguel (xaneiro 1986). Galería Buades, ed. "José Artiaga". Buades, periódico de arte (en castelán) (5) (Madrid).
- Fernández-Cid, Miguel (1986). "Aparente sencillez de la pintura". Galería Sargadelos. Catálogo de la exposición, marzo de 1986 (en castelán).
- Sousa, José M. (5-3-1986). "Pinturas de José Artiaga". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago).
- Soto, Juan (5-3-1986). "Artiaga". El Progreso. Táboa Redonda (en castelán) (Lugo).
- Huici, Fernando (14-3-1986). "Artiaga". El País (en castelán) (Madrid).
- Fernández-Cid, Miguel (15-3-1986). "José Artiaga expone en Santiago". Faro de Vigo. Artes e Letras nº 159 (en castelán) (Vigo).
- Pino, Concha (16-3-1986). "El descubrimiento de Artiaga para la pintura gallega". La Voz de Galicia (en castelán).
- Hacosta, Javier P. (16-3-1986). "Arte: José Artiaga, obra fresca". La Voz de Galicia (en castelán).
- García, Xosé Lois (17-4-1986). "Artiaga: trabajador de una pintura en libertad". Avant (en castelán).
- Comesaña, Pilar (16-10-1986). "La denuncia pictórica de Xosé Artiaga". Faro de Vigo (en castelán).
- Fernández-Cid, Miguel (1987). "Tensión e estrutura". Casa da Parra. Catálogo de exposición, setembro de 1987 (Santiago).
- "Exposición pictórica de Xosé Artiaga". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago). 8-9-1987.
- Castro, Antón (1987). "Ser un mesmo". Galería Durán Loriga. Catálogo de exposición, outubro de 1987 (A Coruña).
- Fernández-Cid, Miguel (1988). "La pintura directa de José Artiaga". Galería Columela. Catálogo de exposición, abril de 1988 (en castelán) (Madrid).
- Jiménez, Pablo (6-5-1988). "La voluntad narrativa de José Artiaga". El Punto (en castelán).
- Huici, Fernando (14-5-1988). "Lejos del Atlántico". El Pais (en castelán) (Madrid).
- Fernández-Cid, Miguel (25-8-1989). "Madrid como argumento". Diario 16. Guía de Madrid nº 72 (en castelán).
- Mirete, María Luisa (1990). "El arte al día". El Mueble (en castelán) (342) (10 ed.).
- Calvo Roy, Antonio (18-6-1990). "Alquile un cuadro por horas". Época (en castelán) (276) (Madrid).
- Barnatan, Marcos R. (3-8-1990). "El museo en la arena". El Mundo. Metrópoli nº 10 (en castelán) (Madrid).
- Fernández-Cid, Miguel (10-8-1990). "La Playa de Madrid". Diario 16. Guía de Madrid nº 122 (en castelán).
- Fernández-Cid, Miguel. "El desierto se despereza". Guía del Ocio (en castelán) (769) (Madrid data=10-9-1990).
- Huici, Fernando (1990). "Tarea de despojamiento". Galería Emilio Navarro. Catalogo de exposición, octubre de 1990 (en castelán).
- Marín-Medina, José (5-11-1990). "Recién pintado". El Independiente (en castelán) (Madrid).
- Fernández-Cid, Miguel (9-11-1990). "Una mirada suspendida". Diario 16. Guía de Madrid nº 135 (en castelán).
- Danvila, José Ramón (19-11-1990). "El purismo de la forma". Guía del Ocio (en castelán) (779).
- Rubio Nomblot, Javier (19-11-1990). "Xosé Artiaga: Presencias". El Punto (en castelán).
- Castaño, Adolfo (4-7-1991). "40 grados a la sombra". ABC (en castelán) (Madrid).
- Fernández-Cid, Miguel (23-8-1991). "Colectivas con historia". Diario 16. Guía de Madrid nº 176 (en castelán).
- Llorca, Pablo (31-8-1991). "El XI Salón de los 16". Diario 16 (en castelán).
- Fernández-Cid, Miguel (1991). "La condición de la pintura". Salón de los 16. Catálogo del XI Salón, septiembre de 1991 (en castelán).
- "Salón de los 16, once años de historia". Marie Claire (en castelán) (48) (Madrid). setembro 1991.
- Fernández-Cid, Miguel (13-9-1991). "El XI Salón de los 16 abre la temporada". Diario 16. Guía de Madrid nº 179 (en castelán).
- López, Ignacio (20-9-1991). "Dieciséis artistas". Diario 16. Guía de Madrid nº 180 (en castelán).
- Casado, David (20-9-1991). "XI Salón de los 16". El Punto (en castelán).
- Huici, Fernando (21-9-1991). "El Salón en un Palacio". El País (en castelán) (Madrid).
- Fernández-Cid, Miguel (23-9-1991). "Xosé Artiaga: imágenes quietas". Cambio 16 (en castelán) (1035) (Madrid).
- "Salón de los 16". Cambio 16 (en castelán) (1036) (Madrid). 30-9-1991.
- Calvo Serraller, Francisco (13-2-1992). "Emociones duras en el itinerario español". El País (en castelán) (Madrid).
- Artiaga, Xosé (29-2-1992). "Los días de la semana. Martes". Diario 16 (en castelán) (Madrid).
- Fernández-Cid, Miguel (16-4-1992). "El pintor Xosé Artiaga presenta sus últimas obras en Valladolid". Diario 16 (en castelán).
- Aragón Zumel, Concha (17-4-1992). "Xosé Artiaga se introduce en una particular visión del concepto". Alerta (en castelán).
- Fernández-Cid, Miguel (1992). "Xosé Artiaga". Pintores Galegos na EXPO ’92. Catálogo da exposición, abril de 1992.
- Fernández-Cid, Miguel (1992). "Xosé Artiaga". Publicación Artistas en Madrid, EXPO ’92, abril de 1992.
- González-Alegre, Alberto (1993). "No hay periferia (nota sobre la pintura joven gallega)". Cimal Arte internacional (en castelán) (41)..
- Artiaga, Xosé (12-10-1996). "Mondoñedo, ausencias y presencias". El Progreso (en castelán) (Lugo).
- Artiaga, Xosé (1997). "Mondoñedo, en azul". Catálogo de la exposición Mondoñedo: máis preto (en castelán)..
- Olveira, Manuel (abril-maio 1997). "Galicia Terra Única". Arte y Parte (en castelán) (8).
- Artiaga, Xosé (agosto-setembro 1998). "La pérdida de la sombra". Arte y Parte (en castelán) (16).
- Garabal, David (2000). "Xosé Artiaga". InteresArte (9).
- Fernández-Cid, Miguel (2002). "Por qué Xosé Artiaga". Museo Provincial de Lugo. Catálogo de la exposición Trans, diciembre de 2002 (en castelán).
- Libros e catálogos
- Artiaga Barreira, José (1983). La cultura castreña (Mestría/doutoramento) (en castelán). Universidade Complutense de Madrid, Facultade de Belas Artes, Departamento de Historia da Arte e Pedagoxía. p. 73. OCLC 1024883493.
- Xosé Artiaga (Casa da Parra, Santiago de Compostela, setembro 1987). Direción Xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico-Artístico. 1987. p. 12.
- José Artiaga (Columela Galería de Arte: Madrid, abril-mayo 1988). Columela Galería de Arte. 1988. p. 12.
- Artiaga. Catálogo de la exposición celebrada en la Galería Navarro. Madrid, octubre / noviembre 1990 (en castelán). Madrid: Galería Navarro. 1991. p. 32.
- Calvo Serraller, Francisco (1991). Enciclopedia del arte español del siglo XX (en castelán). Mondadori. ISBN 978-84-397-1793-5.
- Fernández-Cid, Miguel; Ferro, Manuel (1992). Artistas en Madrid. Pabellón de la Comunidad de Madrid. Expo '92 (en castelán). Consellería de Educación e Cultura, Comunidade de Madrid. ISBN 84-7506-361-6.
- Ríos Torre, Miguel (1995). Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade. A Coruña: Ediciós do Castro. ISBN 978-84-7492-977-5.
- González Ananín, Eduardo (1997). Rol de Cantárida. A Coruña: Ediciós do Castro. ISBN 978-84-7492-828-0.
- Artiaga, Xosé (1997). "De las corredoiras a la autopista". Galicia Terra Única. Galicia 1900-1990. Ferrol, Ferrerías da Armada e Hospital da Caridade, 24 de xuño-outubro 1997. ISBN 84-453-1940-X.
- Fernández-Cid, Miguel (2002). Trans (12 diciembre-21 enero 2003). XAB. Lugo: Museo Provincial de Lugo. p. 179.
- "Artiaga Barreira, Xosé". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada 4. El Progreso / Diario de Pontevedra / Silverio Cañada. 2003. p. 34. ISBN 84-87804-06-3.
- Rueda Alonso, Margarita (coord.) (2003). Guía de artistas de Galicia (en castelán). Xunta de Galicia. Consellería de Cultura. p. 422. ISBN 84-453-3507-3.
- Duque, Félix (2004). Excéntrico (catálogo exposición, 28 de xullo-15 de setembro 2004, Museo Provincial de Lugo). Deputación Provincial de Lugo. p. 147. ISBN 84-8192-269-2.
- Matalobos, Manuel Celso (coord.) (2006). "Xosé Arteaga". Papel e pincel. Pintores e escultores do IES Lucus Augusti (PDF). Lugo: IES Lucus Augusti. p. 399-401.
- "Artiaga Barreira, Xosé". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio / Editorial Galaxia / Ediciós do Castro. 2006. p. 205. ISBN 978-84-8288-942-9.
- Artiaga, Xosé (2007). Concellaría de Cultura do Concello de Cervo, ed. "XAB (do 4 de xaneiro ao 15 de febreiro de 2007, sala de exposicións do Centro Cultural e de Servizos á Ciudadanía de Cervo)": 8.
- Garrido Moreno, Antonio (2008). Fluxo e refluxo no mar da arte (Sala de exposicións de Sargadelos). Museo Provincial de Lugo. p. 87. ISBN 978-84-8192-397-1.
- Artiaga Barreira, Xosé; Cordal, Xabier; Fernández, José Luis (2009). Arredor do debuxo. Retrospectiva de Celso Dourado no Museo Provincial de Lugo. Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo / Museo Provincial de Lugo. p. 175. ISBN 978-84-8192-408-4.