Xosé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé, fillo de Xacobe, obra de Peter von Cornelius.

Xosé (pronunciado: [ ʃoˈsɛ] ) é un nome masculino de orixe hebraica ("Deus dará"), na súa variante en galego e asturiano.

Deriva de yôsef (יוסף) «anada», do verbo lehosif (להוסיף) «engadir» «(Deus) engadirá»; un fillo de Xacobe. A explicación do significado deste nome que acha no Antigo Testamento, no libro da Xénese é a seguinte:

Logo lembrouse Deus de Raquel. Deus ouviuna e abriu o seu seo, e ela concibiu e deu a luz un fillo. E dixo: «Tirou Deus a miña afronta.» E chamouno Xosé, como dicindo: «Engádeme Xehová outro fillo.»"
Xénese 30,22-24.

A festividade de San Xosé é o 19 de marzo e o 1º de maio, San Xosé Obreiro, Día do Traballador.

O hipocorístico no mundo hispano do nome Xosé (José en castelán [xoˈse] e portugués [ʒuˈzɛ]) é Pepe (tamén empregado en Galiza) e no mundo luso: ou zeca. Emprégase tamén sen acento: Xose e coa variante Xusé. O feminino é Xosefa.

O nome en Galiza[editar | editar a fonte]

En Galiza foi e é un nome común. 11 parroquias teñen a San Xosé coma padrón (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xosé). A variante galega Xosé é menos común cá castelá José, contodo 461 nenos levan o nome en Galiza (423), Asturias e zonas de emigración galega, coma Madrid ou Barcelona[1].

Personaxes célebres[editar | editar a fonte]

Personaxes bíblicos[editar | editar a fonte]

En hebraica, "Yosef" (יוסף). Detalle de mosaico-mural israelita simbólico da Tribo Israelita de Xosé, cuxo símbolo é o trigo.[2]

Santos[editar | editar a fonte]

Nobres[editar | editar a fonte]

Variantes noutras linguas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Instituto Nacional de Estadística, consultado o 25 de abril de 2016
  2. Sinagoga de Givat Mordejai, Xerusalén.
  3. (it) Nome moi estendido polo sur de Italia: segundo unha estimación realizada no ano 2000 no século XX en Italia atopouso como o primeiro nome máis común. Nomes masculinos en Italia no Século XX