Saltar ao contido

Xoaquín, pai de María

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoaquín, pai de María

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento100 a. C. Editar o valor en Wikidata
Séforis Editar o valor en Wikidata
Morte10 a. C. Editar o valor en Wikidata (89/90 anos)
Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturatumba da Virxe María Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpastor de ovellas Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa26 de xullo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSanta Ana Editar o valor en Wikidata
FillosSanta María Editar o valor en Wikidata
PaisMatthat Editar o valor en Wikidata  e Estha Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
século I a. C.Nascimento da Virgem Maria (pt) Traducir
Joaquim e Ana encontram-se na Porta Dourada (pt) Traducir
Joachim and Anna leave the temple (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Joachim, St. Editar o valor en Wikidata

Xoaquín[1][2], ou coas variantes Xoquín[2] e Xaquín[2], (do hebreo: יְהוֹיָקִים, Yohaquim, composto de Yah, diminutivo de Yahweh 'Deus', e posiblemente qum 'endereitar, erguer'[2]) foi o marido de Ana e o pai de María, nai de Xesús, de acordo coa tradición católica, ortodoxa e anglicana. É, polo tanto, avó de Xesús. A historia de Xoaquín e Ana apareceu por primeira vez no evanxeo apócrifo de Santiago. Xoaquín e Ana non son mencionados na Biblia.[3] A súa festividade no rito romano é o 26 de xullo, froito dos cambios do Concilio Vaticano II.

Na tradición cristiá

[editar | editar a fonte]

As xenealoxías de Xesús nos evanxeos de Mateo[4] e Lucas[5] non especifican o nome dos pais de María, pero parece que nomean a dous pais diferentes para o seu esposo Xosé. Moitos académicos, empezando por Xoán Damasceno no século VIII, e sobre todo os académicos protestantes, argumentaron que a xenealoxía do Evanxeo de Lucas é a árbore familiar de María e que o seu pai se chamaba Helí.[6][7]

De acordo coa tradición, Ana naceu en Belén, rexión de Xudea, e casou con Xoaquín, que era de Nazaret, rexión de Galilea. Ambos eran descendentes do rei David.[8] No Protoevanxeo de Santiago, Xoaquín é descrito como un home rico e piadoso, que adoitaba dar donativos ós pobres e á sinagoga de Séforis. Segundo a tradición, viviron primeiro na rexión de Galilea e, posteriormente, asentáronse en Xerusalén, na rexión de Xudea.[9]

No entanto, o sumo sacerdote rexeitou a Xoaquín e ao seu sacrificio animal no templo porque a súa falta de fillos foi interpretada como un signo de desaprobación divina. Xoaquín foise ao deserto e practicou xaxún durante corenta días como penitencia. Uns anxos aparecéronse tanto a Xoaquín como a Ana para dicirlles que terían un fillo. Tras isto, Xoaquín regresou a Xerusalén e abrazou a Ana nunha porta da cidade. Había unha crenza antiga dun fillo nacería dunha muller maior e que estaría destinado a facer grandes cousas. No Antigo Testamento cóntase unha historia similar doutra muller chamada Ana, que foi a nai do profeta Samuel.[10]

Pinturas góticas (s. XVI) na ábsida da igrexa de San Tomé de Nogueira (Meis, Pontevedra). Representa a aperta de San Xoaquín e Santa Ana (pais da Virxe María) ante a Porta Dourada de Xerusalén.

Na revisión de 1969 do Calendario romano xeral, uniuse a súa festividade coa de santa Ana, que ten lugar o 26 de xullo.[11] A devoción a san Xoaquín é moderna, mentres que a de santa Ana é máis antiga, polo menos data do século VI.

En Galicia, San Xoaquín é venerado na illa de Ons (Bueu), tanto na súa igrexa parroquial coma na capela de Canexol.

Na tradición oral, tamén está presente nalgunhas cantigas e refráns:

  • Bendito san Xoaquín e bendita santa Ana, díannos o pan pra toda a semana.[2]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-16. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo. 
  3. Brownrigg, Ronald. Who's Who in the New Testament 2001 ISBN 0-415-26036-1 page T-62
  4. Mateo "1:1-17". BibleGateway (en castelán). 
  5. Lucas "3:23-38". BibleGateway (en castelán). 
  6. Anastasios Kioulachoglou. "Las dos genealogías de Jesucristo". Verdades Bíblicas. El problema es generalmente generado porque la gente ha tomado esta genealogía como la genealogía de José. Pero no es la genealogía de José, sino de Jesús. Jesús, a quien la sociedad suponía que era hijo de José, era hijo de Elí, quien era hijo de Matat etc. No era el hijo de Elí de José, puesto que de acuerdo a Mateo José no fue engendrado por Elí sino por Jacob. Entonces, ¿a través de quién era Jesús el hijo de Elí? La respuesta es a través de María por supuesto 
  7. J. Gresham Machen. The Virgin Birth of Christ, 1930
  8. ""St. Joachim and St. Anne, parents of the Virgin Mary, Protectors of the Order", Carmelites". Ocarm.org. 26 de julio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 23 de julio de 2013. Consultado o 3 de noviembre de 2013. 
  9. "Souvay, Charles. "St. Joachim." The Catholic Encyclopedia. Vol. 8. Nueva York: Robert Appleton Company, 1910. 3 de mayo de 2013". Newadvent.org. 1 de enero de 1910. Consultado o 3 de noviembre de 2013-11-03. 
  10. "''Lives of Saints'', John J. Crawley & Co., Inc". Ewtn.com. Consultado o 3 de noviembre de 2013. 
  11. "Calendarium Romanum" (Libreria Editrice Vaticana 1969), pp. 98 y 135