Saltar ao contido

Protoevanxeo de Santiago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Protoevanxeo de Santiago
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Xénero artístico
 Edicións
 Lingua
Fontes e ligazóns
VIAF184746618 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03cnz Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O Protoevanxeo de Santiago é un evanxeo apócrifo que relata o nacemento, mocidade e matrimonio de María, así como a concepción e nacemento milagroso de Xesús de Nazaret.

Data do século II e o seu autor non semella moi ao tanto dos costumes e a cultura xudía. Existen máis de 140 manuscritos en grego e foi moi traducido dende a data da súa composición existindo versións en copto e siríaco.

Foi considerado fantasioso polas Igrexas cristiás, aínda que moitos episodios foron aceptados polo pobo cristiá e reflectidos na arte relixiosa. Así o nacemento de Xesús nunha cova, Xoaquín e Ana como pais de María, a existencia de fillos de Xosé de Nazaret dun anterior matrimonio ou a presentación de María no Templo