San Tomé de Nogueira, Meis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Tomé de Nogueira
Meis, San Tomé de Nogueira 02-03.jpg
San Tomé de Nogueira
Concello Meis
Poboación 655 hab. (2016)
Entidades de poboación -

San Tomé de Nogueira é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Meis na comarca do Salnés.

Segundo o INE, en 2016 tiña 655 habitantes (326 homes e 329 mulleres), o que supón un mantemento respecto ó ano 2008, cando tiña o mesmo número de habitantes, 655.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O exterior da igrexa non presenta nada de interese, pero no interior posúe unhas pinturas góticas (do século XVI) que representan a Anunciación, no centro da ábsida; a Adoración dos Reis Magos, no lado da Epístola (aínda que a imaxe de Melchor foi destruída para abrir un arco); e o Nacemento de Xesús, no lado do Evanxeo. Na bóveda represéntase o sol e a lúa.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Tomé de Nogueira[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Tomé de Nogueira no concello de Meis (Pontevedra)

Arcos | Nogueiró de Abaixo | Nogueiró de Arriba | O Mosteiro | O Pazo

Parroquias de Meis[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Meis

A Armenteira (Santa María) | Meis (San Salvador) | Nogueira (San Vicente) | Paradela (Santa María) | San Lourenzo de Nogueira (San Lourenzo) | San Martiño de Meis (San Martiño) | San Tomé de Nogueira (San Tomé)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]