Dióscoro, antipapa
Dióscoro, antipapa | |
---|---|
Diácono da Igrexa católica | |
Biografía | |
Nacemento | Século V en Alexandría |
Pasamento | 14 de outubro de 530 en Roma |
Dióscuro ou Dióscoro (en latín: Dioscorus), de orixe grega e nado en Alexandría no século V e finado o 14 de outubro de 530 en Roma, foi antipapa de Bonifacio II.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Dióscoro de Alexandría,[1] era un diácono partidario dun maior achegamento con Bizancio.[2][1] Chegara a Roma como exiliado da persecución dos monofisitas, e foi diácono xunto ao papa Símaco.[3]
Colaborador de varios papas, foi quen convenceu ao rei ostrogodo Teodorico para rematar co cisma do antipapa Lourenzo xunto co diácono Enodio.[4] Posteriormente, en 519, foi legado do papa Fiz III en Constantinopla, na representación ante o emperador Xustino I e o patriarca Xoán II que puxo fin ao cisma acaciano.[5]
Logo da morte de Fiz III, foi elixido por unha maioría do clero romano o 22 de setembro de 530, ao mesmo tempo que a outra parte elixía ao papa Bonifacio II segundo o indicado polo seu antecesor.[6] Porén, Dióscoro morreu o 14 de outubro do mesmo ano sen ter recibido o episcopado.[2][1] Coa súa morte, os seus electores recoñeceron como papa a Bonifacio II polo que se evitou que o cisma prosperase.[1] Malia ser considerado antipapa, o papa Agapito I rehabilitouno en 535.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Madrid-Malo Garizábal, Mario (2005). Tú eres Pedro: el papado en la historia. Editorial San Pablo. p. 205. ISBN 9789586927277.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Betz, Hans Dieter, ed. (2008). Religion Past & Present: Dev-Ezr. Brill. p. 76. ISBN 9789004146884.
Dioscorus, Antipope to Boniface II [...]
- ↑ Richards 2014, p. 123.
- ↑ Richards 2014, p. 89.
- ↑ Richards 2014, p. 104.
- ↑ Richards 2014, p. 124.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Richards, Jeffrey (2014). The Popes and the Papacy in the Early Middle Ages (Routledge Revivals): 476-752. Routledge. ISBN 9781317678175.
![]() |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |