Alberte, antipapa
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XI Atella |
| Morte | 1102 (Gregoriano) Aversa |
| Antipapa | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Catolicismo |
| Actividade | |
| Ocupación | monxe cristiano, sacerdote católico, bispo católico |
| Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Alberte, nado en Atella e finado en Aversa en 1102, foi un bispo e cardeal italiano da diocese de Santa Rufina que foi elixido antipapa en xaneiro de 1101 pola facción imperial de Roma deseguido do arresto e encadeamento do antipapa Teodorico en contraposición ao papa Pascual II.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pouco despois da súa elección unha multitude de xente entrou na igrexa na que se realizara a asemblea que o elixira, Alberte tentou refuxiarse na Basílica de San Marcelo pero foi feito prisioneiro e conducido xunta Pascual II quen o recluíu nunha torre e posteriormente no mosteiro de San Lourenzo de Aversa onde permaneceu como freire ata a súa morte.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |