Fiz II, antipapa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fiz II, antipapa
Felix II antipapa.JPG
Nacemento valor descoñecido
  Roma
Falecemento 22 de novembro de 365
  Ceri
Relixión Igrexa católica
Ocupación sacerdote
editar datos en Wikidata ]

Fiz II, finado en Roma o 22 de novembro de 365, foi un relixioso romano, antipapa de 355 a 365, entre os papados de Liberio e Dámaso I. Durante a Idade Media figurou entre os papas considerados lexítimos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Arcediago da igrexa de Roma, ao decretar o emperador Constancio II o desterro do papa Liberio en 355 por negarse a condenar a Atanasio de Alexandría, foi consagrado pontífice por tres bispos arianos, e aínda que foi recoñecido polo clero romano, non conseguiu o apoio do pobo, que seguiu fiel ao papa desterrado.

En 357 o desterrado Liberio condenou as ideas de Atanasio no Formulario de Sirmio, logrando así que o emperador Constancio II lle permitise regresar a Roma coa intención de que a Igrexa estivese gobernada tanto por Liberio como por Fiz. Non obstante tras o retorno de Liberio, en 358, o pobo romano rexeitou a duplicidade de cargos e optou por Liberio, obrigando a Fiz a abandonar Roma e refuxiarse en Porto, onde faleceu.

Aínda que non consta que sufrise martirio algún, o martiroloxio romano inclúeo como tal, fixando a súa festa o 20 de xullo.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.