Saltar ao contido

Xoán Hermida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán Hermida

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de novembro de 1965 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista do Pobo Galego
Espazo Ecosocialista Galego
Esquerda de Galicia
En Marea Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4905375 BUSC: hermida-gonzalez-xoan-1965 Dialnet: 3911314

Xoán Hermida González, nado en Pontevedra o 12 de novembro de 1965, é un historiador, analista político e activista social galego. Ten numerosas publicacións de libros e artigos de fondo. Colaborador habitual de diferentes medios dixitais e en papel. Foi socio fundador de Atlántica de Comunicacións S.L. e membro do Consello de redacción da revista Altermundo, mantendo unha colaboración periódica nos xornais dixitais Praza Pública[1] e InfoLibre.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Historia Contemporánea e Posgrao en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse en Xestión Pública pola USC cunha tese sobre Altermundismo en Galicia (MOVEMENTOS SOCIAIS E ALTERMUNDISMO EN GALICIA: DE NUNCA MÁIS A AGE 2002-2012)[3] co-dirixido por Ramón Maiz e Nieves Lagares. Especialista no pensamento de Karl Marx, realizou estudos de marxismo no Instituto adxunto ao CC do PC de Checoslovaquia durante o período da perestroika. O seu coñecemento sobre este pensador é unha constante na súa traxectoria dende un marxismo ortodoxo a unha afinidade co autor nunha distancia coa doutrina marxista. Froito desa traxectoria vital e intelectual é a publicación do libro Un gigante entre pigmeos[4].

Iniciou a súa actividade política en ERGA, posteriormente nos CAF e nos Comités Anti-Otan. Participando durante a mocidade no PCPG (e posteriormente en Iniciativa Democrática, coa que formou parte da coalición EU-UG nas eleccións ao Parlamento galego de 1993). Foi membro do Consello Confederal da CXTG, secretario de Organización de Esquerda de Galicia e coordinador do Grupo Mixto no Parlamento de Galicia (1997-1999).

Activista social, foi director e fundador da ONG Amarante-Setem (1999-2007), pioneira no Comercio Xusto en Galicia (no 2000 abriu A Factoria do Sur en Pontevedra). Dende Amarante liderou en Galicia a campaña internacional Clean Clothes Campaing sobre os dereitos humanos e ambientais na produción do mercado téxtil globalizado, poñendo no foco a responsabilidade social corporativa de empresas como Adolfo Domínguez ou Inditex.

A calor do movemento 15M foi un dos promotores da Iniciativa BenComún. Coordinador do Espazo Ecosocialista Galego entre febreiro de 2012 e xuño de 2015, sendo substituído por Manel Cardoso Santiago. Como responsable de Espazo Ecosocialista Galego participou na formación de Compromiso por Galicia e de AGE.

Concorreu ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 no número sexto das listas de En Marea pola circunscrición de Pontevedra, pero non resultou elixido. En abril de 2018, e logo da dimisión do parlamentario Juan Merlo, pasou a formar parte do Parlamento de Galicia. Pese a anunciar a súa intención de non formar parte do parlamento adquiriu a súa condición de parlamentario coa intención anunciada de dimitir definitivamente en canto En Marea puxera en marcha un proceso de consulta as persoas inscritas sobre o posible incumprimento do código ético por parte da deputada Paula Quinteiro.[5] Tras 12 días, e unha vez convocada por En Marea a consulta, presentou a súa renuncia diante da Mesa do Parlamento de Galicia.[6]

Nas eleccións internas de En Marea celebradas o 22 e 23 de decembro de 2018 resultou elixido membro do Consello das Mareas dentro da lista Coidando a Casa que encabezaba o portavoz de En Marea, Luís Villares. Foi designado responsable de análise político e estratéxico da Coordinadora de En Marea.

En maio de 2019 abandonou a militancia partidaria definitivamente, realizando unha análise moi crítica do que veu sendo en chamar a 'nova política' que se plasmou no libro A saida da encrucillada.[7] Dende febreiro de 2016, dirixe o Foro OBenComún de pensamento crítico.[8]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  1. "O xornal da Galicia que vén". Praza Pública. 2024-11-24. Consultado o 2025-03-13.
  2. Hermida, Xoán (2022-10-28). "Zarismo-Leninismo". infoLibre (en castelán). Consultado o 2023-02-06.
  3. Hermida González, Xoán (2016-04-19). "Movementos Sociais e Altermundismo en Galicia. De Nunca Máis a AGE (2002-2012)".
  4. "Libro - Consorcio Editorial Galego". consorcioeditorial.com. Consultado o 2025-03-13.
  5. "Xoán Hermida, Marea Pontevedra | CRTVG". www.crtvg.es.
  6. "El Parlamento toma nota de la incorporación de Hermida como «diputado ausente» de En Marea". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-04-26. Consultado o 2018-04-26.
  7. G, A. (2024-12-02). "«Hai unha parte da poboación que se sente excluída da política»". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2025-03-13.
  8. "Presentación". Foro OBenComún. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2023. Consultado o 2023-02-06.
  9. "A editorial Galaxia presenta "Galicia no labirinto da nova política, de nunca máis ás mareas", de Xoán Hermida - Asociación Galega de EDITORES". Asociación Galega de EDITORES. 2018-10-23. Consultado o 2018-11-10.
  10. "Axenda de cultura de Galicia".
  11. "Luís Villares e Xoán Hermida, entre os autores dun novo libro do foro OBenComún". Galicia Confidencial. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2023. Consultado o 2023-02-06.
  12. G, A. (2022-12-11). "Xoán Hermida aporta su visión a un libro sobre el movimiento pacifista". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-02-06.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]