É un diario creado por xornalistas procedentes, entre outros, dos diarios Público, El País e Radio Televisión Española, cunha liña editorial progresista. É pioneiro no mercado de medios dixitais españois polo seu modelo de negocio, no que unha parte dos contidos son de pago e pechado para subscritores. Os abonados do diario reciben un avance diario de contidos cara á medianoite e unha revista mensual en papel e en formato dixital, TintaLibre, dedicada a crónicas e reportaxes, e cuxo primeiro número saíu a venda o 9 de marzo de 2013.[2]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
InfoLibre e TintaLibre están dirixidos editorialmente por Jesús Maraña, exdirector de Público. O director do diario dixital é o tamén experiodista de PúblicoManuel Rico, e completan o equipo de dirección Juan Carlos Ortiz de Elguea (subdirector), Fernando Varela (redactor xefe) e Yolanda González (correspondente política). Á cabeza de TintaLibre está Ramón Reboiras.[3]
A estrutura accionarial debe ser tal que respecte por estatutos o control único e exclusivo polos xornalistas sobre a información e os criterios editoriais. O principal accionista individual é unha sociedade formada polos cinco xornalistas fundadores. Desde a súa orixe, InfoLibre renunciou aos así chamados "acordos institucionais" opacos mediante os que as grandes empresas financian á inmensa maioría dos medios de comunicación a cambio de publicidade e/ou outros acordos.[6]