Xiráfidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xiráfidos
Rango fósil: mioceno - actualidade
Xirafa (Giraffa camelopardlis)
Xirafa (Giraffa camelopardlis)

Ocapi (Okapia johnstoni)
Ocapi (Okapia johnstoni)

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Infraorde: Pecora
Familia: Giraffidae
Gray, 1821
Xéneros

A dos xiráfidos (Giraffidae) é unha familia de mamíferos artiodáctilos ruminantes que inclúe dous xéneros con cadansúa especie, distribuídas en África: a xirafa (Giraffa camelopardalis) e o ocapi (Okapia johnstoni).

Características[editar | editar a fonte]

Constitúen unha familia de ruminantes que se caracterizan por presentaren un revestimento de pel nos cornos, os cales son moi duradeiros.

Non presentan dentes caninos superiores, así como tampouco falsos pezuños laterais.

Outra característica son as súas extremidades posteriores, que son máis curtas que as anteriores.

Clasificación[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1821 polo naturalista británico John Edward Gray,[1] e inclúe na actualidade dous xéneros con cadansúa especie.

A estes dous xéneros hai que engadir outros vinte e dous extintos, algúns deles dubidosos.[2]

Especies e subespecies[editar | editar a fonte]

Orde Artiodactyla

  • Suborde Ruminantia
    • Infraorde Pecora
      • Familia Giraffidae
        • Giraffa
            • Giraffa camelopardalis camelopardalis
            • Giraffa camelopardalis angolensis
            • Giraffa camelopardalis antiquorum
            • Giraffa camelopardalis giraffa
            • Giraffa camelopardalis peralta
            • Giraffa camelopardalis reticulata
            • Giraffa camelopardalis rothschildi
            • Giraffa camelopardalis thornicrofti
            • Giraffa camelopardalis tippelskirchi
        • Okapia

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]