Xeración dos 80

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Xeración dos 80 é unha xeración de poetas galegos que xorde coa democracia. Denomínase "dos oitenta" xa que se inclúen nela os autores que publicaron os seus poemarios en torno a estes anos. A crítica destaca, entre outros, a Román Raña, Xavier Rodríguez Baixeras, Darío Xohán Cabana, Xosé María Álvarez Cáccamo, Claudio Rodríguez Fer, Miguel Anxo Fernán-Vello, Ramiro Fonte, Xavier Rodríguez Barrio, Manuel Forcadela, Luís González Tosar, Pilar Pallarés, Manuel Rivas e Xulio López Valcárcel.

Esta xeración rompeu co realismo social e potenciou a renovación da lingua galega, o rigor na construción formal e unha nova amplitude da dimensión universalista da poesía galega (culturalismo, intertextualidade...).