Augamariña
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
| Augamariña | |
|---|---|
Augamariña coa súa típica cor celeste | |
| Información xeral | |
| Fórmula química | Be₃Al₂Si₅O₁₈ |
| Clase | Silicatos |
| Subclase | Ciclosilicatos |
| Sistema cristalino | Hexagonal |
| Propiedades físicas | |
| Cor | Azul verdosa |
| Brillo | Vítreo |
| Dureza | 7,5-8 |
| Exfoliación | Moi imperfecta |
| Fractura | Concoidea |
| Raia | Branca |
| Densidade | 2,68-2,72 g/cm3 |
| Propiedades ópticas | |
| Clasificación | |
| Outros datos | |
| Referencias | |
A augamariña (do latín aqua marinā que significa auga do mar, en referencia á súa cor) é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é Be3Al2Si6O18 e que é unha variedade do berilo.
Aspecto
[editar | editar a fonte]A augamariña preséntase en forma de cristais prismáticos hexagonais de cor azul verdosa. Esta cor é debida á inclusión na súa composición de partículas de ferro. Se o ferro que aparece é Fe2+ a súa cor será azulada e pola contra se é Fe3+ a súa coloración volverase un pouco máis verdosa.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Augamariña tallada.
Lugares onde se atopa
[editar | editar a fonte]A augamariña é un mineral de orixe magmática que acostuma formarse a temperaturas duns 800 °C. Fai presenza en pegmatitas, en xistos micáceos e en filóns hidrotermais de calcio.
Moitos son os xacementos de augamariña que hai espallados polo mundo. Pódense atopar augamariñas na India, nos Estados Unidos e en moitos países de África, aínda que as explotacións máis importantes encóntranse no Brasil.
Usos da augamariña
[editar | editar a fonte]É moi apreciada no mundo da xoiería e polos coleccionistas.
Outros silicatos
[editar | editar a fonte]O cuarzo, o feldespato e a mica son outros silicatos importantes.