Xarrete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Músculos da perna dun cabalo. Co número 6, o xarrete.

O xarrete[1] é a parte carnosa da perna dun animal cuadrúpede situada detrás da sofraxe,[2] a medio camiño entre a coxa e os xeonllos.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Xarrete deriva do francés jarret, e este do francés dialectal jarre e do provenzal antigo garra, e ambos os termos do galo *garra (en galés, garr; en bretón gâr).[3]

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Desde un punto de vista gastronómico, o xarrete de tenreira é un corte de carne moi apreciado en Galicia, antigamente (e na actualidade) como ingrediente dos cocidos. A dicir de Cunqueiro, o xarrete e a faldra son as mellores carnes de vitela para un cocido.[4] E para outro sibarita, Jorge Víctor Sueiro, o xarrete de tenreira e o primeiro dos ingredientes do seu cocido preferido.[5]

Pero a día de hoxe tamén é unha peza moi solicitada para estufar ou guisar, e como tal aparece ns cartas dos mellores restaurantes de Galicia (e nas mesas de moitas persoas na súas casas).

Sueiro dá unha receita para o xarrete guisado, que tomou do Restaurante Vilas, de Santiago, na que se pon o xarrete en adobo con viño branco, allo e sal durante 6 ou 8 horas. Despois, dóuranse nunha ola, cun pouco de aceite, a carne e unha cebolas pequenas e, cando están douradas, engádese o adobo, tápase e deixase ferver lentamente; cando está medio feita a carne, engádense patacas cortadas en anacos e métese a ola no forno; cado as patacas están feitas, sácase a oloa do forno, e sérvese.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xarrete.
  2. xarrete no dicionario da RAG.
  3. jarrete no DRAE.
  4. Cunqueiro, A. (1973), p. 41.
  5. Sueiro, Jorge-Víctor (1981), p. 151.
  6. Sueiro, Jorge-Víctor (1981), pp. 237-238.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]