Wincenty Lutosławski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWincenty Lutosławski

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1863 Editar o valor em Wikidata
Varsovia, Polonia Editar o valor em Wikidata
Morte17 de abril de 1954 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Cracovia, Polonia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSalwator Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia Editar o valor em Wikidata
EducaciónImperial University of Dorpat (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Estatal de Kazan (pt) Traducir
Stephen Báthory University (en) Traducir
Universidade Iaguelónica de Cracovia
Universidade de Helsinki
Universidade de Vilnius Editar o valor em Wikidata
Partido políticoStronnictwo Narodowo-Demokratyczne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaQ63532192 Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeSofía Casanova Editar o valor em Wikidata
FillosIzabela Lutosławska Editar o valor em Wikidata
Premios
Wincenty Lutosławski, 1885

Wincenty Lutosławski, nado en Varsovia o 6 de xuño de 1863 e finado en Cracovia o 28 de decembro de 1954, foi un filósofo, helenista, crítico literario e escritor polaco, membro da Liga Nacional de Polonia e casado coa xornalista, poetisa e escritora galega Sofía Casanova (1861-1958), coa que tivo catro fillas e logo se divorciou. Era medio irmán de Józef Lutosławski, pai do compositor Witold Lutosławski, e é coñecido sobre todo por crear os principios da estilometría, unha ciencia auxiliar da crítica literaria.

Biografía[editar | editar a fonte]

Políglota, Lutosławski asistiu á escola primaria en Drotzdów, o pobo de onde era orixinaria a súa familia, e á Academia Petrina de Mitau (Letonia). Estudou química no Politécnico de Riga; logo mudouse á universidade de Tartu, onde compaxinou o estudo da química e a filosofía; despois traballou en Moscova, Londres e Kazán. En 1895 foi a España a estudar o pesimismo na literatura española e alí coñeceu e casou coa escritora e xornalista Sofía Casanova. En 1898 defendeu a súa tese doutoral na Universidade de Helsinqui. Logo ensinou na Universidade Iaguelónica de Cracovia e deu conferencias en Lausana e Xenebra. De 1920 a 1929 ensinou na Universidade de Vilnius. Despois de peregrinar por distintos países e cidades, estableceuse en Cracovia.

Deuse a coñecer polos seus importantes estudos sobre Platón (Preservación e desaparición das constitucións estatais despois de Platón, 1887; A orixe e crecemento da lóxica de Platón, 1897). Nos seus propios escritos filosóficos (As consecuencias éticas da doutrina e a inmortalidade, 1895; Preexistencia e reencarnación, 1928) ocupouse de ideas metafísicas e espiritistas, pois estaba moi interesado en disciplinas místicas orientais e, de feito, foi un dos introdutores do ioga en Polonia, que tiña unhas virtudes que dixo que lle curaran as periódicas neuroses e depresións que padecía no seu libro O desenvolvemento do poder da vontade a través de exercicios psicofísicos segundo as antigas tradicións arias... (1909) e traduciu os libros do iogui Ramacharaki ao polaco. As súas obras sobre ioga foron unha inspiración para Tadeusz Paska e o dramaturgo Jerzy Grotowski. Tentou desenvolver un sistema filosófico nacional polaco que combinase o idealismo platónico co mesianismo do romanticismo polaco, e en 1902 fundou un grupo de axuda para alcohólicos (Eleuteria), e unha especie de seita católica ascética chamada Eleusis (1903), que acabou expulsándoo en 1913.

En A nación polaca (1908) presentou como características que deron forma ao espírito nacional polaco a tolerancia, o amor á liberdade e o catolicismo. Estas virtudes converterían o país no punto de partida para unha futura sociedade europea.

Antes de 1900, Lutosławski acuñou o termo de estilometría no campo da filoloxía (Principes de stylométrie, 1890). Nesta obra creou os fundamentos dun procedemento matemático e estatístico para medir e analizar o usus scribendi dun autor de forma tal que poidan asignarse textos sen autor claro a un autor determinado ou datalos con razóns de frecuencias e porcentaxes léxicas, gramaticais, sintácticas, fónicas ou semánticas de estilo, ou datalo cronoloxicamente, pois cada autor ten unhas preferencias características e determinadas que van cambiando en parte conforme pasa o tempo. Con este procedemento de análise literaria estableceu, por exemplo, a cronoloxía dos escritos de Platón.[1]

Casado primeiro con Sofía Casanova, tivo dela catro fillas:

  • María (1888–1979), que casou con Mieczysław Niklewicz,
  • Izabela (1889–1972), casada co xeneral de brigada Romuald Wolikowski,
  • Halina (1897–1989), casada co médico e político nacionalista Czesław Meissner,
  • Jadwiga, que morreu na infancia.

Coa súa segunda muller, Wanda Peszyńska, tivo o xornalista Wincenty Tadeusz (1913–1998), que cambiou o seu nome durante a guerra a Aleksander Jordana, e a Janina Lutosławska (1922–2006), doutora en filoloxía inglesa.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Principes de stylométrie / Principios de estilometría (1890)
  • O logice Platona / Sobre a lóxica de Platón (I–II, Cracovia 1891–1892, I: O tradycyi tekstu Platona / Sobre a tradición textual de Platón, II: Dotychczasowe poglądy na logikę Platona i zadania dalszych badań nad tym przedmiotem / Opinións até a data sobre a lóxica de Platón e traballos de investigación adicional sobre este tema
  • O pierwszych trzech tetralogiach dzieł Platona / Sobre as tres primeiras tetraloxías das obras de Platón (Cracovia, 1896)
  • The Origin and Growth of Prato’s Logic. With an Account of Prato’s Style and of the Chronology of His Writings / A orixe e desenvolvemento da lóxica de Platón. Cun informe do estilo de Platón e a cronoloxía dos seus escritos (Londres, 1897)
  • Platon jako twórca idealizmu / Platón como o creador do idealismo (Varsovia, 1899)
  • Źródła pesymizmu / Fontes do pesimismo (Cracovia, 1899)
  • Z dziedziny myśli. Studja filozoficzne 1888-1899 / No campo do pensamento. Estudos filosóficos 1888-1899 (Cracovia, 1900)
  • Wykłady Jagiellońskie / Conferencias iaguelónicas (I–II, Cracovia, 1901–1902)
  • The Polish Nation / A nación polaca (Berlín, 1908)
  • Rozwój potegi woli przez psychofizyczne ćwiczenia według dawnych aryjskich tradycji oraz własnych swoich doświadczeń podaje do oużytku rodaków / O desenvolvemento do poder da vontade a través de exercicios psicofísicos de acordo coas antigas tradicións arias e as súas propias experiencias; proporcionado para o uso dos compatriotas (1909)
  • Danzig e Prusia oriental (1919)
  • Lituania e a Rutenia branca (1919)
  • A cuestión rutena en Galitzia (1919)
  • O bolxevismo e Polonia (1919)
  • O mundo das almas (1924)
  • O coñecemento da realidade (1930)
  • Pre-existencia e reencarnación (1928)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pawłowski / Pacewicz, Adam e Artur (Xaneiro de 2004). "Wincenty Lutosławski (1863–1954): Philosophe, helléniste ou fondateur sous-estimé de la stylométrie?". Historiographia Linguistica 31 (2): 423-447.