Estilo literario
O estilo literario fai referencia a toda a serie de recursos literarios que definen o feitío dun texto.
Características
[editar | editar a fonte]Pode retrotraerse ós comezos do pensamento literario en Europa. Aparece en conexión coa retórica antes que coa poética ó entenderse na tradición clásica como técnica de persuasión ligada á oratoria. A antiga retórica distinguía entre a oratoria forénsica, política e cerimonial, e cada unha delas respondía a unha ocasión concreta e a un repertorio particular de mecanismos destinados a facer funcionar o discurso adecuadamente.
Aristóteles na súa Retórica (Libro III) e Quintiliano nas súas Institucións da oratoria (Libro VIII) dan conta dos medios (o vocabulario apropiado, o tipo de sintaxe e as figuras retóricas) que poden ser utilizados para conseguir determinados efectos estilísticos. O ton desta retórica é prescritivista: proporciónanse instrucións destinadas a unha composición efectiva.
Incluso Longinus, que se amosa preocupado polas fontes morais e espirituais do sublime se revela fundamentalmente interesado polas figuras de estilo polo que poden ser conseguidos.