Saltar ao contido

Wincenty Kluczyński

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWincenty Kluczyński

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de setembro de 1847 Editar o valor en Wikidata
Šarkaŭščyna, Belarús (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de febreiro de 1917 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Alupka (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Vilnius (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arcebispo titular
22 de setembro de 1914 –
Roman Catholic Archbishop of Mohilev (en) Traducir
29 de maio de 1910 – 22 de setembro de 1914
← Apolinary WnukowskiEduard von der Ropp → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Teolóxica Imperial de San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1910–), sacerdote católico (1871–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónCasper Cyrtowt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento

Descrito pola fontePolish Biographical Dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Wincenty Kluczyński, nado o 30 de setembro de 1847 en Šarkaŭščyna (hoxe en Belarús) e finado o 23 de febreiro de 1917 en Alupka (Crimea), foi un eclesiástico católico latino polaco, arcebispo de Mahilioŭ entre 1910 e 1914.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 30 de setembro de 1847 en Šarkaŭščyna, o maior dos tres fillos de Adolf Kluczyński e Franciszka Korsak. Cursou a súa educación en Daugavpils, e en 1865 entrou no seminario de Vilnius. En 1867 pasou á Academia Teolóxica Católica de San Petersburgo, onde se graduou en Teoloxía en 1871 e foi ordenado sacerdote o 30 de setembro do mesmo ano polo bispo de Samoxicia Motiejus Valančius. Posteriormente comezou a exercer de profesor no seminario de Vilnius.

Como confesor de Bronisława Stankowicz, comezou en 1889 co estabelecemento da Congregación das Irmás dos Anxos en Vilnius. O 7 de abril de 1910 foi nomeado arcebispo de Mahilioŭ, recibindo a consagración episcopal o 29 de maio de Gasparas Cirtautas, e tendo como co-consagrantes a Jan Cieplak e Stefan Denisewicz. Como arcebispo dunha diocese que abranguía case a totalidade de Rusia, sufriu o acoso das autoridades tsaristas. Dirixiu a diocese até que o papa Bieito XV aceptou a súa resignación o 22 de setembro de 1914, nomeándolle arcebispo titular de Philippopolis in Thracia. Até a súa morte permaneceu principalmente en Crimea, onde finou o 23 de febreiro de 1917. Logo do seu pasamento foi enterrado en San Petersburgo. En 1929 o seu corpo foi trasladado a Vilnius e enterrado na catedral o 17 de abril.

Veneración

[editar | editar a fonte]

O bispo de Viciebsk Władysław Blin, por petición das Irmás dos Anxos comezou o proceso de beatificación de Kluczyński, nomeando como postulador ao mariano Adam Sikorski.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Rutkowski, Franciszek (1929). Ksiądz Wincenty Kluczyński: Arcybiskup Metropolita Mohylowski, Administrator Apostolski Diecezji Mińskiej 1847-1917 (kilka rysów i wspomnień).