William Thomas Calman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William Thomas Calman
Nacemento29 de decembro de 1871
Lugar de nacementoDundee
Falecemento29 de setembro de 1952
Lugar de falecementoCoulsdon
NacionalidadeEscocia
Alma máterUniversidade de Dundee
Ocupaciónbiólogo, biólogo mariño, zoólogo, malacólogo, carcinólogo e ilustrador científico
PremiosMembro da Sociedade Linneana de Londres
Membro da Real Sociedade de Edimburgo
Medalla linneana
editar datos en Wikidata ]

William Thomas Calman, nado e Dundee o 29 de decembro de 1871 e finado en Coulsdon, Surrey, o 29 de setembro de 1952, foi un zoólogo escocés, especialista en carcinoloxía.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1909 escribiu a sección de crustáceos no Treatise on Zoology de Lankester, onde introduciu as superordes dos Eucarida, Peracarida e Hoplocarida, así como o concepto da facies caridoide, dun hipotético antepasado dos malacostráceos. Escribiu varias das entradas sobre crustáceos para a undécima edición da Encyclopædia Britannica. Tamén estableceu a actual división dos Branchiopoda nas catro ordes dos Anostraca, Notostraca, Conchostraca e Cladocera. En 1921 foi elixido Fellow da Royal Society.[1]

Desde 1927 a 1936 foi conservador encargado da sección de zooloxía do Museo Británico (Historia natural), hoxe Museo de Historia Natural de Londres.

Desde 1871 até a súa morte, en 1952 foi, o presidente da Sociedade Linneana de Londres, e foi galardoado cola Medalla linneana en 1946.

En 1937 foi nomeado doutor honoris causa pola universidade de St Andrews.

Calman faleceu en Coulsdon, en Surrey, o 29 de setembro de 1952.[2]

Principais publicacións[editar | editar a fonte]

Taxons (superiores a xénero) descritos por Calman[editar | editar a fonte]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Colman emprégase para recoñecer a William Thomas Calman como autoridade na descrición e sistemática en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 H. Graham Cannon (1953). "William Thomas Calman. 1871–1952". Obituary Notices of Fellows of the Royal Society (The Royal Society) 8 (22): 355–372. JSTOR 769215. doi:10.1098/rsbm.1953.0003. 
  2. Waterson, C. D.; Shearer, A. Macmillan (2006). Copia arquivada (PDF). Edinburgh: The Royal Society of Edinburgh. p. 151. ISBN 090219884X. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de novembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Frederick R. Schram (1993): "The British School, Calman, Cannon and Manton and their effect in Carcinology in the English speaking World), en: Frank Truesdale (Herausgeber): History of Carcinology. Rotterdam, Netherlands: A. A. Balkema Publishers. ISBN 978-90-5410-137-6, pp. 321–348.
  • Anita McConnell (2004): Oxford Dictionary of National Biography.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]