Saltar ao contido

Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/Profesorado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.



Crear un proxecto pedagóxico

Para organizar un proxecto pedagóxico sobre a Galipedia primeiro precisades coñecer os seus cinco principios principais e as súas principais regras, as cales non son necesariamente doadas de asimilar. A maioría dos galipedistas axudarán con moito gusto ós novos participantes seguindo as súas contribucións; non obstante, é moi recomendable que botedes un tempo para familiarizarvos previamente co funcionamento da Galipedia para poder ensinar os bos costumes ós vosos estudantes e así poder axudalos mellor.

Aquí abaixo atoparedes un titorial para preparar e lanzar o voso proxecto sobre a Galipedia en clase.




Na práctica




Titorial: Como lanzar o seu proxecto?


Unha das primeiras cousas que deben aprender os alumnos é que a Galipedia é de contido libre, e non se poden achegar contidos copiados de fontes con dereitos de autor.

  1. Participade vós mesmos antes de lanzar un proxecto, creade a vosa conta de usuario, e botade un tempo para familiarizarvos co funcionamento da Galipedia. Probade a experiencia de comunicarvos cos outros galipedistas e das reaccións ás vosas contribucións. Non é preciso que usedes o voso verdadeiro nome, pero é moi interesante que teñades a vosa propia conta!
  2. Pedide consello. Se tedes preguntas sobre a viabilidade do voso proxecto, contactade con nós.
  3. Presentade o voso proxecto. Antes de comezar o voso proxecto, creade unha páxina adicada a el (consulta as ferramentas abaixo), despois anunciádeo na nosa páxina de conversa.
  4. Creade as contas de usuario. Na medida do posible, creade unha conta de usuario por alumno. En caso de erros (ou vandalismo), isto permite dirixir mellor a axuda (ou a advertencia). Ademais, intentade evitar nomear as contas con números, xa que pode ser fonte de confusión para os galipedistas que desexan revisar as modificacións feitas con contas idénticas ou similares. Aviso: desde unha mesma dirección IP, non é posible crear máis de seis contas por día. Se precisades superar este límite avisade con varios días de antelación no taboleiro dos administradores ou consultade as preguntas frecuentes.
  5. Lede a documentación. Lede vós mesmos e animade ós vosos alumnos a ler a documentación, sobre todo as páxinas de axuda (cf. Wikipedia:Axuda e as preguntas frecuentes dos proxectos pedagóxicos): a maioría das preguntas, as súas e as vosas, atoparán resposta. En caso de que persista a dúbida, preguntade na axuda da Taberna.
  6. Escollede un (varios) tema(s) que vós (e os vosos alumnos) coñezades. Procurade definir un obxectivo preciso para os vosos alumnos. Queda a elección do tema ao voso criterio, á vosa imaxinación, mais podedes inspirarvos en proxectos pedagóxicos xa levados a cabo con anterioridade (cf. lista). Pedirlles aos alumnos que escriban sobre un tema complexo como a Segunda Guerra Mundial podería non levar ao resultado esperado.
  7. Preparade fontes. Na Galipedia, calquera engadido ten que ir apoiado por fontes secundarias publicadas de calidade (obras especializadas, artigos de prensa etc.; cf. Wikipedia:Citar as fontes). En función do ou dos temas seleccionados, prever un acceso ás fontes de calidade para os vosos alumnos (por exemplo con sesións na biblioteca).
  8. Sensibilizade os alumnos co tema dos dereitos de autor. Tende en conta que os artigos da Galipedia teñen que ser publicados baixo licenza chamada «libre» Creative Commons Atribución-Compartir Igual. A maioría dos contidos presentes na Internet non están baixo licenza compatible con esta, sexan textos ou imaxes, por tanto non se poden copiar na Galipedia, pero si poden redactarse de novo mantendo a mesma información, e nese caso serán as referencias perfectas.
  9. Redactade un balance do proxecto. Unha vez terminado o proxecto, invitámosvos a facer un pequeno balance sobre a vosa experiencia na vosa páxina de proxecto, tanto para que tomedes conciencia dos avances acadados como para que a comunidade da Galipedia poida coñecelos, así como outros profesores que consulten ese proxecto.



A que dificultades enfrontarse?
(e como evitalas)


> O código wiki usado na Galipedia é complexo de dominar á primeira; aínda así, en todos os artigos pódese usar o Editor Visual (premendo na lapela "editar", non en "editar a fonte"), cunha interface próxima á dun editor de texto clásico como Word ou OpenOffice, e por tanto máis sinxelo de utilizar.

> Na Galipedia, ás veces, atopamos que algunhas modificacións feitas por un foron anuladas. Non hai que ofenderse por iso, acontece de cando en vez, inclusive aos galipedistas con experiencia. Neste caso, se hai dúbidas, convén establecer unha conversa co usuario autor da anulación para determinar se se trata dun erro del ou dun erro noso.

> Un erro clásico consiste en engadir na Galipedia traballos inéditos, é dicir, informacións que non foron publicadas (por exemplo, Traballos Prácticos Escolares); iso queda prohibido (cf. Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria), calquera información engadida á Galipedia ten que ter orixe en fontes de calidade, publicadas (en papel ou na web). Por tanto hai que prever para os alumnos un tempo dedicado ás investigacións documentais.

> A elección dos temas e apartados nos que os alumnos van contribuír é particularmente importante. A Galipedia é unha enciclopedia e comporta criterios de admisibilidade dos artigos (consultar aquí). Para evitar ver a supresión dun artigo propio, o que non deixa de ser unha fonte de frustración para os alumnos, hai que verificar dende o comezo que o tema do artigo corresponde a eses criterios.




Wiki Education Dashboard


> A Fundación Wikimedia ten un portal adicado a fomentar o uso das Wikipedias nas aulas como ferramenta educativa, Wiki Education Dashboard. Neste portal pode atoparse gran cantidade de información relacionada co uso educativo da Wikipedia nas aulas, pero neste apartado queremos resaltar tres que poden ser de interese:




Ferramentas


Exemplos
doutras wikis

Nesta sección hai unha pequena escolma de proxectos educativos que foron realizados, ou están realizándose nas Wikipedias das diferentes linguas, poden servirvos de inspiración para crear os vosos propios proxectos.



Propostas
de proxectos

Atoparedes, premendo sobre o botón de abaixo, propostas de proxectos en curso así como unha lista de proxectos xa realizados por outros profesores. Tamén podes propor os teus exemplos na páxina de conversa.



Seguimento
das tarefas

Para poder facer un seguimento das actividades realizadas, as Wikipedias teñen unha ampla selección de ferramentas para facilitar este traballo.



Competencias
curriculares

Nesta sección coméntanse algunhas das competencias curriculares que se poden adquirir facendo actividades na Galipedia.



Necesita axuda?

Ten problemas prácticos sobre a posta en marcha dun proxecto pedagóxico? Consulte a páxina das preguntas frecuentes ou consúltenos directamente na páxina de conversa.