Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/CPI de Coristanco 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
  • Proxecto: Primeira fase do proxecto de participación do centro na Galipedia.
    Responsable: Procastino (conversa · contribucións)
  • Lugar da formación: CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco)
  • Formación dos contribuíntes: estudantes de 2º e 3º ESO
    Número de contribuíntes: pequeno grupo que participarán como extraescolar.. Idade dos contribuíntes: 13 a 16 anos
  • Calendario:
    Comezo do proxecto: 14 de marzo de 2016
    Finalización do proxecto: 24 de xuño de 2017

Resumo de balance: en curso

Obxectivos[editar a fonte]

  • Achegar o alumnado á Galipedia e fomentar entre eles valores que representa.
  • Concienciar ao alumnado da importancia da participación e o coidado da Galipedia.
  • Mellorar a capacidade do alumnado para analizar información de forma crítica, elaborar documentación de calidade e expoñela de xeito riguroso.

Metodoloxía[editar a fonte]

A participación do centro na Galipedia, alo menos durante este curso, será a través da creación dun pequeno grupo de editores e editoras. O profesorado apoiará e orientará a este grupo para tentar conseguir unhas achegas de calidade. Deste xeito queremos ter unha experiencia "piloto" para poder valorar a posibilidade de facer un proxecto máis ambicioso para cursos vindeiros.

Participantes e contribucións[editar a fonte]

Profesores[editar a fonte]

  • Tucho Méndez, Procastino: Coordinación xeral e traballo os aspectos técnicos de edición da Galipedia.
  • Coordinador de galego:
  • Coordinador de <materia>:

Alumnos[editar a fonte]

  • Luciavz13: gustaríame actualizar a información das parroquias de Coristanco.
  • patribr24: gustaríame escribir sobre grupos de música.
  • Mariargueez_: Eu son María e gustaríame falar sobre a música galega.
  • paula04: Eu fixen artigos sobre as parroquias de Coristanco, como o de Valenza ou Cereo.
  • Patriciapose3: Eu participei subindo fotos a Commons e realicei un titorial de como facelo, entre outras cousas, como modificar artigos.

Artigos do proxecto[editar a fonte]

Documentos e ligazóns de utilidade[editar a fonte]

Balance[editar a fonte]