Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/Profesorado/Exemplos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.



Exemplos doutras wikis

En varias Wikipedias hai xa anos que se veñen realizando diferentes iniciativas para integrar o seu uso nas aulas, de feito a Fundación Wikimedia ten un portal en exclusiva para este cometido, Wikimedia Outreach, o problema é que non ten contidos adaptados á Galipedia. Pero nas Wikipedias noutras linguas tamén se teñen realizado diferentes proxectos neste eido, a continuación hai unha pequena escolma de diferentes proxectos.


Fundamentos tecnológicos del e-learning
A materia Fundamentos tecnológicos del e-learning forma parte do máster de Educación e TIC desenvolvido pola Universidade Aberta de Cataluña (UOC), cuxo obxectivo é que os alumnos coñezan as últimas tendencias e novos elementos tecnolóxicos na aprendizaxe electrónica. Tamén deben de ser capaces de avaliar a innovación, utilidade e potencial dos mesmos. Esta actividade supón un 20% da nota final da materia.
Neste proxecto da Wikipedia en castelán, os alumnos teñen que mellorar unha lista de artigos relacionados co tema da materia, e teñen outra lista de artigos para crear.

Mujeres y Ciencia
Proxecto de Innovación Docente desenvolvido pola Universidade Pablo de Olavide, cuxo obxetcivo é mellorar a presenza das mulleres en Wikipedia. Para iso, os alumnos das materias de Documentación Aplicada a la Traducción y Traducción de Software y Páginas Web crearán ou mellorarán artigos sobre mulleres ilustres do mundo hispanofalante, e despois farán a súa tradución a outras linguas. Apoiado por Wikimedia España.

Traduciendo Wikipedia: Inglés en la UM
Na materia Traducción general I de lengua C (Inglés) do Grao en Tradución e Interpretación da Universidade de Murcia (Murcia, España), o alumnado traducirá artigos de Wikipedia do Inglés ó castelán. Este proxecto está baseado noutro previo desenvolvido pola profesora Marina Ramos Caro - Mrctrad (Universidade de Murcia), Traduciendo Wikipedia: El encargo real en el aula de Traducción, á súa vez baseado nun previo desenvolvido na Universidade Jaume I de Castellón e coordinado pola profesora María Calzada Pérez - Mrctrad con título Aprendices de traducción con la Wikipedia.

UCAC2
Dende 2012, e dentro do Grao en Publicidade e Relacións Públicas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Campus de Xerez da Fronteira, Universidade de Cádiz), o alumnado da materia Herramientas Multimedia y Animación elaboran modelados, animacións en 2D ou en 3D para os artigos de Wikipedia e publicalas en Commons.

Plantes Medicinals
Na Facultade de Farmacia da Universidade de Barcelona, o alumnado da materia de botánica farmacéutica crearon artigos sobre plantas medicinais, converténdose o seu traballo no Wikiproxecto: Plantas medicinais da Wikipedia en catalán. Este proxecto recibiu o premio EDUSFARM2008 á metodoloxía docente máis orixinal e innovadora.

Atari:Hezkuntza/1.000_artikulu
O proxecto Atari:Hezkuntza/1.000_artikulu é un proxecto apoiado polo Goberno Vasco e a Wikipedia en éuscaro que, coa colaboración dos institutos e as universidades, pretende facer 1.000 artigos de calidade sobre temas de interese para o alumnado de 12 a 16 anos baseándose no seu currículo educativo. Este proxecto ten a súa réplica na Galipedia en Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos.

How we included Wikipedia edition into a whole University department curriculum
No departamento de "Lingua Vasca e Comunicación" da Universidade do País Vasco comezaron no ano 2017 a traballar con varios profesores e alumnos no seu programa educativo, e adoptaron a edición en Wikipedia como unha parte oficial das súas materias. Isto significa que unhas 11 clases van a participar no programa mellorando a calidade dos artigos da Wikipedia en éuscaro. Traballando principalmente con traducións doutras Wikipedias, os alumnos concéntranse en simplificar as explicacións dos artigos, xa os lectores da enciclopedia tenden a non ter coñecementos sobre o tema do artigo. Facer os artigos máis comprensibles é o obxectivo principal da tarefa, e Wikipedia é un gran aliado para eles.

Exemplo 8: Crear un artigo

Exemplo 9: Crear un artigo

Exemplo 10: Crear un artigo