Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/Profesorado/Preguntas frecuentes
Preguntas frecuentes
Aquí atoparás as respostas as preguntas máis habituais dos profesores. Se non atopas a resposta que buscabas, contacta directamente con nós!.
Antes de comezar cun proxecto, como podo familiarizarme co funcionamento da Galipedia?
Para comezar na Galipedia, aconsellamos seguir o breve titorial primeiros pasos e ler atentamente os cinco piares da enciclopedia. Non é suficiente con facer esas lecturas, aínda que importantes: é indispensable practicar -contribuír- para familiarizarse co funcionamento técnico da enciclopedia, pero tamén e sobre todo, coas súas regras e interaccións cos outros usuarios. Os erros que cometerás inevitablemente –todo o mundo pasou por eles– permitiranche, ao longo do proxecto, anticipalos e preparar así aos teus estudantes.
Levar a cabo un proxecto educativo, de acordo, pero que podo facer na Galipedia?
Existen varios proxectos educativos na Galipedia, en función do público. Tes algúns exemplos aquí, que podes adaptar e mesturar. Así mesmo podes consultar a lista de proxectos que dirixen, ou dirixiron, algúns dos teus colegas, co fin de inspirarte, ou mesmo poñerte en contacto con eles. Por último, tamén podes contactar directamente con nós.
Os alumnos de primaria poden contribuír na Galipedia?
Desaconsellamos as contribucións dos alumnos de primaria, o ambiente da Galipedia pode non estar completamente adaptado a eles. Existen aínda así dous proxectos de enciclopedia, independentes da Fundación Wikimedia, destinados aos máis novos: Wikimini (en francés) e Vikidia (en castelán e outros idiomas), e outro dentro da Fundación, Simple English (en inglés), todos para idades entre 8 e 12 anos. Podes levar a cabo proxectos educativos nesas páxinas.
Tratei de crear contas de usuario para os meus alumnos, pero o sistema bloqueouse. Por que?
Isto débese ás medidas de seguridade. Non é posible crear máis de seis contas cun mesmo enderezo IP por día, e xeralmente non hai máis dun enderezo IP en cada institución educativa. Para evitar ese obstáculo e crear tantas contas como alumnos hai na clase, debes solicitar con antelación o status de «creador de contas» aos Burócratas en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Atribuír ou retirar dereitos. Outra forma de solucionar isto é invitar aos alumnos a que creen as contas de usuario nas súas casas ou no centro de forma gradual.
Para editar un artigo, teño que premer na pestana «editar» ou en «editar a fonte»?
Iso queda a túa elección. A pestana «editar» permite utilizar o editor visual. Aconsellamos o seu uso para editar os artigos, xa que mostra unha interface similar á dun editor de texto (Word, OpenOffice, etc.), é máis intuitivo e fácil de utilizar. Podes consultar a axuda do editor visual aquí.
Porén, algúns elementos técnicos dos artigos non poden ser editados co editor visual. Nese caso, terás que utilizar o código wiki (facendo uso da pestana «editar a fonte»), que é un pouco máis complexo no seu uso. Hai unha ficha coa axuda básica, e unha máis completa en Como editar unha páxina.
Un alumno foi bloqueado por un administrador, que fago?
En caso do bloqueo dunha conta por un administrador é posible solicitar o desbloqueo da mesma na súa propia páxina de conversa (na que o acceso adoita estar permitido) engadindo o código: {{tlx|desbloqueo|2=motivo=''O seu motivo aquí ~~~~''}}
seguido da túa sinatura. No caso dun enderezo IP (por exemplo a da escola), debes seguir o mesmo procedemento.
Como utilizar a páxina de probas?
Cada conta de usuario dispón dunha páxina de probas (accesible aquí). O contido desa páxina é visible para o resto de usuarios da Galipedia pero non está indexado por Google, por tanto é invisible para os lectores. Unha vez que a proba estea lista, é aconsellable solicitar a súa lectura na taberna de axuda. Para publicala, deberás renomear a páxina (ver Axuda:Como trocar o nome dunha páxina).
O artigo dun alumno foi borrado, por que?
Se un artigo foi borrado aínda que cumpría cos Wikipedia:Criterios de notoriedade, é posible solicitar a súa restauración, só ten que facer unha consulta no taboleiro dos administradores. Non deixes de precisar que se trata dun proxecto pedagóxico.
Como avaliar o traballo dos alumnos?
Ademais da avaliación dos contidos (redacción, síntese, uso de fontes, etc.), pode ser axeitado avaliar o traballo colaborativo dos alumnos, entre eles se é que teñen que traballar en pequenos grupos ou parellas, e co resto de usuarios da Galipedia (uso e actitude nas páxinas de conversa, etc.).
Para estimar de forma cuantitativa as contribucións, existe un contador de edicións. No plano cualitativo, é necesario visualizar o historial dos artigos modificados polo alumno para visualizar de xeito claro o que provén das súas achegas e o que foi escrito por outros galipedistas.
Tes máis ferramentas de axuda á avaliación do traballo en Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/Profesorado/Seguimento dos alumnos.
Que é un conflito de edición?
Prodúcese un conflito de edición cando dous usuarios intentan modificar un artigo ó mesmo tempo. Os artigos non poden ser editados ó mesmo tempo por varios usuarios, deben facelo "por quendas", de non facelo así producirase un conflito de edición.
A forma máis habitual de que se produza un conflito de edición é cando un usuario leva certo tempo editando un artigo sen gardalo e durante ese tempo outro usuario edita o mesmo artigo e garda a súa modificación. Cando o primeiro usuario intenta gardar os seus cambios, o software Mediawiki detecta que a última versión gardada non coincide coa versión que se está intentando gardar, e entón mostra un aviso de conflito de edición e unha páxina especial para mesturar manualmente as dúas edicións.