Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Alicia do Reino Unido
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Rexeitado
Período de votación: 4 de febreiro de 2018 - 6 de febreiro de 2018
SI: 3 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Rexeitado |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2018 ás 15:46 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 04-02-2018 ata o 06-03-2018.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO:Traducido do homónimo en castelán onde é de calidade. Revisei o formato das referencias para adaptalas ao estilo Harvard e engadín algunha imaxe que non aparece no castelán. É un artigo bastante interesante sobre esta filla da raíña Vitoria que foi a vía de transmisión da grave enfermidade que máis adiante sofrería o seu neto o tsarévich Aleksei e afectaría ao goberno do tsar Nicolao II. A ortografía foi revisada por Estevoaei polo que non debería haber erros na escrita. --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2018 ás 15:46 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2018 ás 15:46 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 9 de febreiro de 2018 ás 08:40 (UTC)[responder]
- Concordo, aínda que deixei cousas de lingua na revisión que non estou seguro de que estean correctas, estaría moi ben que algunha outra persoa revisara a lingua do artigo. Piquito (conversa) 3 de marzo de 2018 ás 00:17 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Lin o primeiro terzo do artigo e creo que o ton é demasiado valorativo: unha persoa ponse triste, outra chora na misa... Na miña opinión era ben darlle unha volta para imprimirlle un cariz algo máis enciclopédico. --Atobar (conversa comigo) 9 de febreiro de 2018 ás 09:03 (UTC)[responder]
- Atobar estiven revisando o artigo inglés (que parece ser a orixe do castelán) e tamén fala de que xente que se pon triste (I feel lower and sadder than ever and miss him so much,...) e xente que chora (As he sat up crying, Alice...) Se ben é certo que o inglés simplemente foi escollido como artigo bo, alí o artigo tamén pasou por unha votación na que a ningún usuario lle pareceu o ton demasiado valorativo. Tampouco pretendo convencerte con que si o deles si vale o noso por que non?, pero só quería facer esa observación, xa que ás veces parece que queremos ser máis papistas co Papa, incluído eu. --AMPERIO (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 11:10 (UTC)[responder]
- Comentario AMPERIO, eu non vin o artigo e non vou falar sobre el, tan só apuntar que o artigo en inglés non pasou unha votación xa que alí teñen un sistema de escolla diferente, alí os artigos son nomeados por un usuario e revisados por outro, coñecedor das políticas e non involucrado no mesmo artigo, que comproba se cumpre os criterios de artigo bo, non hai votación nin nada. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de marzo de 2018 ás 01:11 (UTC)[responder]
- Elisardojm, xa, tan só dicía que a orixe deste artigo é o inglés e que alí tamén se inclúen eses termos. En calquera caso, xa da igual, queda claro que a xente non lle interesou o máis mínimo este artigo.--AMPERIO (conversa) 5 de marzo de 2018 ás 18:39 (UTC)[responder]