Vítor Manuel II de Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vítor Manuel II de Italia
Nome completoVittorio Emanuele Maria Alberto Eugenio Ferdinando Tommaso di Savoia
Nacemento14 de marzo de 1820
Lugar de nacementoTurín
Falecemento9 de xaneiro de 1878
Lugar de falecementoRoma
Causadoenza
SoterradoPanteón de Roma
NacionalidadeReino de Italia
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítico, monarca e monarca
PaiCarlos Alberto da Sardenha
NaiMaria Teresa da Áustria
CónxuxeAdelaide de Habsburgo e Rosa Vercellana
FillosHumberto I, Maria Clotilde de Saboia, Amadeu I de España, Otão de Saboia, Maria Pia de Saboia, Donato Etna, Carlo Alberto di Savoia-Carignano, Principe di Savoia, Vittorio Emanuele di Savoia-Carignano, Vittorio Emanuele di Savoia-Carignano, Principe di Savoia, Vittoria Guerrieri, Emmanuel Guerrieri de Mirafiori, Emanuela Maria Alberta Vittoria di Roverbella, Vittorio di Rho e Maria Pia di Rho
IrmánsFernando de Saboia
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Medalha Militar, Ordem de Santo Alexandre Nevsky, Ordem de Santo André, Grand Master of the Order of the Most Holy Annunciation, Ordem de Mérito Civil de Saboia, Orde da Xarreteira, Knight of the Order of Saint Joseph, Ordem do Serafim, Orde do Elefante, Royal Order of Kamehameha I, sen etiquetar, Grand Master of the Order of Saints Maurice and Lazarus, doutor honoris causa pola Universidade Nacional Autónoma de México, Commemorative medal of the 1859 Italian Campaign, Orde da Aguia Negra, Cabaleiro da Orde de Santo Alexandre Nevski, sen etiquetar, Medalha de Ouro de Valor Militar, Orde do Vélaro de Ouro, Order of Saint Stephen of Hungary, Grand Cordon of the Order of Leopold, Silver Medal of Military Valour e Grand Master of the Order of the Crown of Italy
Na rede
WikiTree: Savoia-23 Find a Grave: 7031916 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vítor Manuel II, (en italiano Vittorio Emanuele II), nado en Turín o 14 de marzo de 1820 e finado en Roma o 9 de xaneiro de 1878 foi o derradeiro rei do Reino de Sardeña e o primeiro Rei de Italia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo primoxénito de Carlos Alberte I, Rei de Sardeña e de María Tareixa de Austria, Princesa da Toscana. Durante o reinado do seu pai Carlos Alberte, os reinos de Sardeña e Piamonte foron unificados. Carlos Alberte foi á guerra en 1848 contra o Imperio Austríaco (que gobernaba a meirande parte do norte de Italia), pero foi derrotado na Batalla de Novara ó ano siguinte. Carlos Alberto abdicou e o seu fillo Vítor Manuel conveteuse en rei de Piamonte-Sardeña o 24 de marzo de 1849.

Baixo o seu mandato, e debido ás habilidades do seu ministro, o Conde de Cavour, o Reino de Sardeña creceu ata incluír toda Italia (1860-1870), polo proceso da Unificación italiana. O Reino de Sardeña converteuse no Reino de Italia en marzo de 1861. Polo feito de ser o primeiro rei dunha Italia unida pola súa popularidade, Vítor Manuel II recibiu o alcume de "Padre della Patria". Nun esforzo por manter a súa continuidade dinástica, e a pesar de ser o primeiro Rei de Italia, o soberano conservou o número "II" ordinal baixo o que gobernara o seu pai como Rei de Sardeña. Esta decisión xerou incomodidade nos recentemente unificados territorios do sur.

Algúns dos seus obxectivos foron a industrialización; efectuar unha reforma económica cun novo sistema fiscal e mellorar as relacións exteriores, usando a diplomacia para facer aliados. Vítor Manuel II foi excomungado pola Igrexa católica despois de que exército italiano tomara Roma en 1870 e o papa Pío IX tivese que retirarse ó Vaticano.

O seu fillo varón Amadeo, sería Rei de España por un breve período de apenas dous anos entre 1870 e 1873, e pasaría a lista de reis españois baixo no nome de Amadeu I.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]