Vulcanisaeta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vulcanisaeta é un xénero de arqueas crenarqueotas da familia Thermoproteaceae. Trátase dun organismo anaerobio, heterótrofo e hipertermófilo que crece optimamente a 85–90 °C e a pH 4,0–4,5. Foi illado de mostras recollidas directamente de campos de solfataras ou de auga de fontes termais canalizada no leste do Xapón.

Xenoma[editar | editar a fonte]

Secuenciáronse varios xenomas de Vulcanisaeta. O contido G+C do seu ADN, que está entre o 44 e o 46%, e predise que é relativamente baixo en relación co doutros membros de Thermoproteaceae.

Estrutura celular e metabolismo[editar | editar a fonte]

As células de Vulcanisaeta son bacilos rectos ou lixeiramente curvados, cunha anchura de 0,4 a 0,6 µm. Nalgúns casos as células están ramificadas ou teñen corpos esféricos na súa parte terminal. Esta arquea utiliza como fontes de carbono a maltosa, o amidón, malato, extracto de lévedos, peptona, extracto de carne, casaminoácidos e xelatina, pero non pode utilizar D-arabinosa, D-frutosa, lactosa, sacarosa, D-xilosa, acetato, butirato, formiato, fumarato, propionato, piruvato, succinato, metanol, formamida, metilamina ou trimetilamina. Como aceptores de electróns utiliza xofre e tiosulfato. A diferenza dalgunhas outras arqueas xeneticamente similares como Thermocladium ou Caldivirga, Vulcanisaeta crece en ausencia no seu medio de mesturas de vitaminas ou de solución de extracto de células arqueanas.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Atopáronse cepas de Vulcanisaeta en áreas de fontes teermais no Xapón. Malia que o organismo é a crenoarqueota máis común con forma de bacilo entre os illamentos de fontes termais do Xapón, ata agora non foi illada en ningún outro país. Isto está en contraste co que ocorre con xéneros como Thermoproteus e Pyrobaculum, que están distribuídos por todo o mundo, incluíndo as illas Azores, Islandia, Indonesia, Italia, Xapón, as Filipinas, Rusia e os Estados Unidos de América. Por tanto, é posible que o xénero Vulcanisaeta teña unha distribución que se restrinxa só ao Xapón.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Revistas científicas
Bases de datos científicas

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.