Thermoproteus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Thermoproteus é un xénero de microorganismos do dominio das arqueas pertencente á familia Thermoproteaceae. Estes procariotas son termófilos dependentes do xofre relacionados cos xéneros Sulfolobus, Pyrodictium e Desulfurococcus.[1] Son autótrofos do hidróxeno-xofre, que reducen o xofre, son anaerobios e poden crecer a temperaturas de ata 95 °C. Como outros hipertermófilos, Thermoproteus representa un exemplo vivo dalgúns dos primeiros organismos que apareceron sobre a Terra, e está situado na base da árbore filoxenética das arqueas.

Xenoma[editar | editar a fonte]

A secuencia xenética de Thermoproteus proporcionou moita información sobre o tipo de metabolismo do organismo. A lonxitude total do xenoma de ADN circular bicatenario é de 1,84 Mbp. Os seus xenes están dispostos en grupos cotranscritos chamados operóns. O xenoma de Thermoproteus tenax foi secuenciado completamente.[2]

Estrutura celular e metabolismo[editar | editar a fonte]

Investigouse moito o metabolismo de Thermoproteus e doutros hipertermófilos. Thermoproteus metaboliza autotroficamente por medio da redución do xofre, pero crece máis rápido por respiración do xofre en cultivo. Na especie T. tenax, hai varias vías metabólicas que permiten á célula seleccionar un tipo de metabolismo que depende dos requirimentos de enerxía da célula (dependendo, por exemplo, do estado de crecemento ou desenvolvemento da célula). Como todas as arqueas, Thermoproteus posúe lípidos de membrana peculiares, que son derivados do glicerol unidos por enlace éter ramificados de 20 ou 40 carbonos, que forman unha monocapa. A insaturación dos lípidos é xeralmente conxugada (a diferenza da falta de conxugación que se atopa en Bacteria e Eukaryota). A parede forma unha capa S[3]. As células son de forma bacilar con diámetros de ata 4 micrómetros e lonxitudes de ata 100 micrómetros, e reprodúcese formando ramas ao final da célula que crecen ata orixinar novas células.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Encóntranse membros de Thermoproteus en fontes termais ácidas e pozas; foron illados nestes hábitat en Islandia, Italia, Norteamérica, Nova Zelandia, Kamchatka, os Azores, e Indonesia. A súa temperatura óptima de crecemento é de 85 °C.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Woese C, Olsen G (1986). "Archaebacterial phylogeny: perspectives on the urkingdoms.". Syst Appl Microbiol 7: 161–77. PMID 11542063. doi:10.1016/s0723-2020(86)80001-7. 
  2. Siebers B, Zaparty M, Raddatz G, Tjaden B, Albers S-V; et al. (2011). "The Complete Genome Sequence of Thermoproteus tenax: A Physiologically Versatile Member of the Crenarchaeota.". PLoS ONE 6 (10). 
  3. 3,0 3,1 Messner P, Pum D, Sára M, Stetter K, Sleytr U (1986). "Ultrastructure of the cell envelope of the archaebacteria Thermoproteus tenax and Thermoproteus neutrophilus". J Bacteriol 166 (3): 1046–54. PMC 215230. PMID 3086286. 
  4. Ver no NCBI a páxina para Thermoproteus. Datos extraídos de "NCBI taxonomy resources". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2007-03-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Revistas científicas
  • Judicial Commission of the International Committee on Systematics of Prokaryotes (2005). "The nomenclatural types of the orders Acholeplasmatales, Halanaerobiales, Halobacteriales, Methanobacteriales, Methanococcales, Methanomicrobiales, Planctomycetales, Prochlorales, Sulfolobales, Thermococcales, Thermoproteales and Verrucomicrobiales are the genera Acholeplasma, Halanaerobium, Halobacterium, Methanobacterium, Methanococcus, Methanomicrobium, Planctomyces, Prochloron, Sulfolobus, Thermococcus, Thermoproteus and Verrucomicrobium, respectively. Opinion 79". Int. J. Syst. Evol. Microbiol. 55 (Pt 1): 517–518. PMID 15653928. doi:10.1099/ijs.0.63548-0. 
  • Burggraf S, Huber H, Stetter KO (1997). "Reclassification of the crenarchael orders and families in accordance with 16S rRNA sequence data". Int. J. Syst. Bacteriol. 47 (3): 657–660. PMID 9226896. doi:10.1099/00207713-47-3-657. 
  • Zillig W, Stetter KO, Schafer W, Janekovic D, Wunderl S, Holz I, Palm P (1981). "Thermoproteales: a novel type of extremely thermoacidophilic anaerobic archaebacteria isolated from Icelandic solfataras". Zentralbl. Mikrobiol. Parasitenkd. Infektionskr. Hyg. Abt. 1 Orig. C2: 205–227. 
Bases de datos científicas

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]