Saltar ao contido

Voina i mir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Voina i mir
 Título
Война и мир (ru)
Krig og fred (no)
Chiàn-cheng kap Hô-pêng (nan)
वॉर अँड पीस (mr)
Voinu da rauhu (olo)
Wojna i pokój (pl)
ਜੰਗ ਤੇ ਅਮਨ (pa)
جنگ تے امن (pnb)
യുദ്ധവും സമാധാനവും (ml)
Karš un miers (lv)
Согуш жана тынчтык (ky)
전쟁과 평화 (ko)
Војна и мир (mk)
Bellum et pax (la)
Karas ir taika (lt)
Gera e Pas (lfn)
ಯುದ್ಧ ಮತ್ತು ಶಾಂತಿ (kn)
Război și pace (ro)
Vojna in mir (sl)
Urush va tinchlik (uz-latn)
جنگ اور امن (ur)
Війна і мир (uk)
Guera e paxe (vec)
Chiến tranh và hòa bình (vi)
Soda i kožmuz (vep)
Rat i mir (sh)
Savaş ve Barış (tr)
สงครามและสันติภาพ (th)
Рат и мир (sr-cyrl)
Lufta dhe paqja (sq)
Digmaan at Kapayapaan (tl)
Krig och fred (sv)
యుద్ధం మరియు శాంతి (te)
போரும் அமைதியும் (ta)
Gera ngan Kamurayaw (war)
Соғыс және бейбітшілік (kk-cyrl)
戦争と平和 (ja)
Hərb və Sülh (az)
الحرب والسلم (ar)
Guerra e Paz (pt)
حرب و صۆلح (azb)
যুদ্ধ ও শান্তি (bn)
Война и мир (bg)
༄༅།། དམག་འཁྲུག་དང་ཞི་བདེ། (bo)
Oorlog en vrede (nl)
Guerre et Paix (fr)
Guerra i pau (ca)
Krieg und Frieden (de)
Guerra e pace (it)
War and Peace (en)
Guerra y paz (es)
Milito kaj Paco (eo)
ომი და მშვიდობა (ka)
Vojna a mír (cs)
Şer û Aşitî (diq)
Rat i mir (hr)
Háború és béke (hu)
युद्ध और शान्ति (hi)
Պատերազմ և խաղաղություն (hy)
Milito e Paco (io)
Guerra e Pace (ia)
Krig og fred (da)
מלחמה ושלום (he)
Cogadh agus Síocháin (ga)
Sõda ja rahu (et)
Πόλεμος και Ειρήνη (el)
Πόλεμος καί Εἰρήνη (grc)
Gerra eta Bakea (eu)
Sota ja rauha (fi)
جنگ و صلح (fa)
戰爭與和平 (zh) Editar o valor en Wikidata
Esquematismo
Imaxe
 Instancia de
Características
 Forma artística
 Tema principal
 Ambientado en
 Época ambientación
 Edicións
(2017) War and Peace (en) Traducir en lingua inglesa
(24 de febreiro de 2009) War and Peace en lingua inglesa Penguin Books
(28 de novembro de 2006) War and Peace en lingua inglesa Penguin Classics
(2005) War and Peace (en) Traducir en lingua inglesa traducido por Anthony Briggs
(9 de xullo de 2002) War and Peace en lingua inglesa Modern Library
(1922) War and Peace (en) Traducir en lingua inglesa traducido por Aylmer and Louise Maude (en) Traducir
(1903) Guerre et Paix (en) Traducir en lingua francesa
(1901) Guerre et paix (en) Traducir en lingua francesa traducido por Irina Paskevich (en) Traducir
(1894) Wojna i pokój (en) Traducir en lingua polaca
Wojna i pokój (en) Traducir en lingua polaca
War and Peace en lingua inglesa
Guerre et paix (en) Traducir en lingua francesa traducido por V. L. Binshtok Editar o valor en Wikidata
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Fundación / creación
1863 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1869 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Os Cossacos (pt) Traducir (1862 - ) Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
Anna Karenina (1873 - ) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de partes
   4 vols. Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Códigos e identificadores
VIAF183445342 Editar o valor en Wikidata
Goodreads4912783 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL267171W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/014bqn Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Obra dispoñible en
Wikidata C:Commons

Voina i mir (en ruso: Война и мир, antes da reforma ortográfica: Война и миръ; en galego Guerra e paz) é unha novela histórica escrita por Lev Tolstoi e publicada entre 1865 e 1869 no xornal Russkii Vestnik. O libro narra a historia de Rusia na época de Napoleón Bonaparte (principalmente as guerras napoleónicas en Rusia). A riqueza e o realismo dos seus detalles así como as súas numerosas descricións psicolóxicas fan que sexa considerado un dos maiores libros da historia da literatura.[1][2][3] Tolstoi desenvolveu no libro unha teoría fatalista da historia, onde o libre arbitrio non tería máis que unha importancia menor e onde todos os acontecementos só obedecerían a un determinismo histórico irrelutábel.

Voina i mir creou un novo xénero de ficción. A pesar de actualmente ser considerada unha novela, esta obra quebrou tantos códigos das novelas da época que diversos críticos non a consideraron tal. O propio Tolstoi consideraba Anna Karenina (1878) como súa primeira tentativa de novela.

Voina i mir tivo un enorme éxito na época da súa publicación, imprevisto ata mesmo para o autor.

Lev Tolstoi

Versión orixinal

[editar | editar a fonte]

O primeiro borrador de Voina i mir foi completado en 1863. Cando se rematou a versión publicada preto dun terzo de todo o traballo xa fora publicado nunha revista literaria co título 1805.[4] Tolstoi non estaba satisfeito co final e reescribiu a novela integralmente entre 1866 e 1869. Esta nova versión foi despois publicada como a novela oficial co título Voina i mir.[5] El, no entanto, non destruíu o manuscrito orixinal, que foi editado en Rusia en 1983. A primeira versión é distinta desta en varios aspectos, especialmente no contundente "final feliz".

Pódese obxectar que o propio Tolstoi nunca pretendeu publicar a versión orixinal; por outro lado, revelou máis tarde estar tamén decepcionado coa "versión coñecida" de Voina i mir, que describiu como "repugnante".

A pesar de Tolstoi escribir a maior parte do libro, incluída toda a narrativa, en ruso, partes significativas dos diálogos en todo o libro (incluída a sentenza inicial) están escritas en francés. Iso simplemente reflicte a realidade da época, xa que toda a aristocracia rusa do século XIX falaba o francés e empregaba esa lingua entre eles en lugar do ruso. Tolstoi chega a facer referencia a un aristócrata ruso xa adulto que recibe leccións de ruso para tentar dominar a lingua nacional. De xeito menos realista, os franceses retratados na novela, incluído o propio Bonaparte, ás veces falan en francés e ás veces en ruso.

A novela conta a historia de cinco familias aristocráticas, particularmente os Bezukhovs, os Bolkonskys e os Rostovs, e o vínculo das súas vidas persoais coa historia de 1805–1813, principalmente coa invasión de Rusia por Napoleón en 1812. Como se dixo antes, Tolstoi nega sistematicamente ás súas personaxes calquera libre arbitrio significativo: o curso da historia tanto pode determinar a felicidade canto a traxedia.

O texto padrón ruso está dividido en catro libros (quince partes) e dous epílogos, un principalmente narrativo, o outro enteiramente temático. Mentres preto da metade da novela fala estritamente respecto a personaxes ficticias, as partes finais, así como un dos dous epílogos da obra, consisten substancialmente en ensaios de non ficción sobre a natureza da guerra, o poder político e a historia. Algunhas versións abreviadas do libro removen eses ensaios totalmente, mentres outras, publicadas mesmo durante a vida do autor, simplemente os moven a un apéndice.

A inmensidade da obra tórnaa difícil de resumir de forma clara e concisa. Alén diso, o autor aliñaba a súa narrativa con moitas reflexións persoais que tenden a crebar o ritmo da lectura. A acción sitúase entre 1805 e 1820, aínda que, na realidade, a esencia da obra se concentre en determinados momentos clave: a Guerra da Terceira Coalición (1805), a Paz de Tilsit (1807) e a Campaña de Rusia (1812). No entanto, sería falso crer que Voina i mir trate só das relacións franco-rusas da época. Alén das batallas de Schoengraben, Austerlitz e de Borodino, Tolstoi describe con bastante coidado e precisión os milleiros de nobres da Rusia tsarista, abordando diversos temas entón de moda como a cuestión dos servos, as sociedades secretas e a guerra. As personaxes de Voina i mir son tan abondosas e ricamente detalladas que é difícil atopar na obra un "heroe", a pesar de ser Pierre Bezoukhov a personaxe máis recorrente.

Personaxes principais

[editar | editar a fonte]

Hai máis de 500 personaxes en Voina i mir, mais a obra céntrase especialmente nas seguintes personaxes:

  • Pierre Bezukhov
  • Natasha Rostova
  • Andrei Bolkonski
  • Maria Bolkonskaya
  • Nicolau Rostov
  • Napoleón
  • Mikhail Kutuzov
  • Helena Kuragina
  • Anatoly Kuragin

Recibimento

[editar | editar a fonte]

O recibimento de Voina i mir trala súa publicación foi maioritariamente negativo, principalmente por parte dos veteranos da Guerra de 1812.[6] Entre as críticas feitas polos veteranos, é a súa distorsión da "atmosfera heroica" da actuación rusa na guerra, ao narrar feitos como pequenas accións cotiás dos soldados.[7] O historiador Dan Ungurianu afirma que neste conflito entre a memoria dos veteranos e a novela de Tolstoi está tamén un conflito de xeracións políticas e literarias, entre o nacionalismo romántico e grandioso da década de 1830 e o patriotismo da novela social realista que xurdiu na segunda metade do século XIX.[7][8]

No entanto, o carácter sociolóxico e con aspectos científicos de Tolstoi ao tratar a historia rusa pasou a ser apreciado, os anos que seguiron á publicación do libro, principalmente cunha nova xeración de intelectuais que xurdía nas universidades dos grandes centros urbanos. Poucos anos despois, Voina i mir tornouse unha das obras máis lidas e impresas no Imperio Ruso, e en gran medida, converteuse na versión máis aceptada da Guerra de 1812.[7]

Adaptacións

[editar | editar a fonte]

O ano 1968 estreouse Voyna i mir, unha adapatción cinematográfica da obra por parte do director soviético Sergei Bondarchuk. O filme foi a produción máis cara da historia do cinema soviético e foi rodada en catro partes cunha duración total de 484 minutos.

A BBC realizou en 2015 unha nova adaptación da novela para a televisión, que se estreou en 2016 en seis episodios[9] con guión de Andrew Davies.[10]

  1. Moser, Charles. 1992. Encyclopedia of Russian Literature. Cambridge University Press, pp. 298–300.
  2. Thirlwell, Adam "A masterpiece in miniature". The Guardian (Londres) 8 de outubro de 2005
  3. Briggs, Anthony. 2005. "Introduction" to War and Peace. Penguin Classics.
  4. Pevear, Richard (2008). "Introduction". War and Peace. Trans. Pevear; Volokhonsky, Larissa. Nova York]: Vintage Books. pp. VIII–IX. ISBN 978-1-4000-7998-8.
  5. Knowles, A. V. Leo Tolstoy, Routledge 1997.
  6. Ungurianu 2007, p. 109.
  7. 1 2 3 Ungurianu 2007, p. 112.
  8. Ungurianu 2007, p. 121.
  9. "War and Peace". BBC (en inglés). 2016.
  10. Callarissa, Joan (03/01/2015). "‘Guerra i pau’ saltarà a la televisió". Ara. ISSN 2014-010X.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ungarianu, Dan (2007). Plotting History: The Russian Historical Novel in the Imperial Age. Madison: The University of Wisconsin Press. p. 349. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]