Río Sénia
Tipo | curso de auga | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | La Pobla de Benifassà, España, La Sénia, España, Rossell, España, San Rafael del Río, España, Ulldecona, España, Alcanar, España e Vinaròs, España | |||
Final | ||||
Localización | Mar Mediterráneo | |||
| ||||
Afluente | ||||
Características | ||||
Dimensións | 49 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 197,5 km² | |||
O Sénia (en castelán: Cenia) é un curto río do leste de España, que transcorre entre as provincias de Tarragona e Castelló. Ten 49 km de lonxitude e desemboca no mar Mediterráneo.
O río nace nos Ports de Beseit, no concello de La Pobla de Benifassà, na comarca do Maestrat. As súas augas acumúlanse pouco despois no encoro de Ulldecona, situado no mesmo termo municipal, a 477 m de altitude.
A partir do encoro, o río discorre por zonas de fortes pendentes, o que lle proporciona unha elevada osixenación, sendo a vexetación moi abundante, o que contribúe a manter o hábitat da vida piscícola. Posteriormente, e antes de chegar a La Sénia, existen derivacións de caudal que abastecen aos regadíos desta zona, unhas 2.360 hectáreas.
Pouco antes de La Sénia, o río alcanza a fronteira entre Cataluña e a Comunidade Valenciana; a partir de entón e ata a súa desembocadura, o Sénia servirá de límite fronteirizo entre estas dúas comunidades autónomas. A partir deste punto a canle practicamente non recibe achegues naturais e a calidade da auga empeora de forma notable.
Preto da localidade de Alcanar, o río entra na Plana de Vinaròs e desemboca no mar Mediterráneo.