Vicente Peña Saavedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVicente Peña Saavedra
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1958 (66 anos)
San Claudio, Ortigueira
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - Doutoramento (1975–1990) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpedagogo
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela (1994–2019)
Universidade de Santiago de Compostela (1980–1983) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
Fillosdous [1]

Dialnet: 52859

Vicente Peña Saavedra, nado en Tras do Río (San Claudio, Ortigueira) o 21 de febreiro de 1958, é un pedagogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación viñéronse centrando na dimensión educativa e cultural da emigración transoceánica e continental (séculos XVII-XXI), na educación popular na Galicia rural, no museísmo pedagóxico, e na historia e actualidade da educación en Galicia. Foi membro da sección de Cultura Galega no Exterior do Consello da Cultura Galega (1993-1999) e do consello científico do Centro Ramón Piñeiro (1999-2001). Forma parte da comisión técnica do Arquivo da Emigración Galega (1993-1999 e 2000-2013), dirixiu o proxecto MUPEGA e colaborou na recuperación do patrimonio bibliográfico, hemerográfico e documental galego en América. Desde 2001 até 2007 exerceu como coordinador científico do MUPEGA. Foi cofundador da revista Estudios Migratorios. E vicepresidente da Sociedad Española para el Estudio del Patrimonio Histórico - Educativo (2003-2012).[2][3]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Las Escuelas de Americanos y las Sociedades de Instrucción en Galicia, 1991.
  • Éxodo, organización comunitaria e intervención escolar: la impronta educativa de la emigración transoceánica en Galicia, 1991.
  • Galicia-América. Relacións históricas e retos de futuro, 1993.
  • Informe socioeducativo: os galegos da terceira idade en América, 1996.
  • Repertorio da prensa galega da emigración, 1998.
  • La Primera Luz de Manuel M. Murguía. Edición e Estudio introductorio, 2 vols., 2000.
  • Repertorio biblio-hemerográfico da educación en Galicia, 1715-1970, 2001.
  • Mosaico de iconografía escolar de Galicia, 2 vols., 2001 e 2002.
  • Os museos da educación en internet, 2004.
  • Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración, 2008.
  • Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia, 2012.
  • Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia [edición revisada e ampliada], 2013.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. p. 433. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. Enciclopedia Galega Universal 13. Ir Indo. 1999-2002. p. 351. ISBN 84-7680-288-9. 
  3. Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 80. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]