La Antorcha Gallega
La Antorcha Gallega | |
---|---|
País | Cuba |
Lugar de publicación | A Habana |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Antorcha Gallega foi unha revista editada na Habana entre 1913 e 1914.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Revista semanal ilustrada, apareceu o 5 de outubro de 1913. Dirixida por Ángel Fernández, o seu administrador era Julián Cabrera. No seu primeiro editorial sinala que se propón:
ser palanca para levantar los espíritus, vigorizando el sentimiento patriótico de nuestros coterráneos
Engade que fará labor
para que nuestras Sociedades todas protejan a los niños, mujeres y ancianos gallegos que residan en Cuba y carezcan de recursos.
Finalmente expresa que
pedirá para Galicia y nuestros hermanos residentes en el patrio suelo, justicia y equidad por parte de los poderes públicos, liberando con leyes sabias la tierra gallega de foros y altas contribuciones, multiplicando las vías de comunicación, fomentando la enseñanza primaria y la profesoral de artes y oficios, y consignando en los presupuestos del Estado cantidades para mejora de puertos, fomento del arbolado y cultivo, por medios modernos, de los muchos terrenos que están sin explotación, abandonados.
Publicou noticias de Galicia e das sociedades galegas de Cuba. Apoiou o labor do Centro Galego e informou da marcha das súas obras en construción. Defendeu a xestión de Ángel Barros como presidente do Centro Galego fronte a Eugenio Mañach. Entre os seus colaboradores figuraron Manuel Gómez Cordido e os pseudónimos: Pepe da Mota, La Brego, Czaritos. Incluíu algunhas páxinas literarias en galego con textos de Lugrís Freire e Curros Enríquez. Cesou a súa publicación o 8 de marzo de 1914.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Antorcha Gallega, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5020-1.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. ISBN 84-87172-30-X.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Repertorio da prensa da emigración galega Fondos documentais. Consello da Cultura Galega.