Vasiĺ Tamaščyk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVasiĺ Tamaščyk
Biografía
Nacemento15 de abril de 1900 Editar o valor em Wikidata
Ozierany Wielkie, Polonia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xuño de 1970 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaEast Brunswick Belarusian Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa Ortodoxa Autocéfala Bielorrusa e Cristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Técnica de Praga (–1934) Editar o valor em Wikidata
Actividade
EmpregadorQ3918646 Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCommunist Party of West Belarus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
ConsagraciónSierhij Achatenka Editar o valor em Wikidata
Participou en
27 de xuño de 1944Segundo Congreso de Belarús Editar o valor em Wikidata

Vasiĺ Tamaščyk (en belaruso: Васіль Тамашчык), nado como Uladzimir Tamaščyk (en belaruso: Уладзімір Тамашчык) o 15 de abril de 1900 en Ozierany Wielkie (Gobernación de Grodno, Imperio Ruso; hoxe Polonia)[1][2] e finado o 9 de xuño de 1970 en Nova York,[3] foi un eclesiástico ortodoxo belaruso, arcebispo da Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia ortodoxa belarusa, fillo de Danila e Maria.[1] En 1915, por mor da primeira guerra mundial a súa familia trasladouse a Omsk, e non volveu até 1921.[1] Dende os anos 20 estivo asociado co movemento nacional belaruso en Polonia, polo que estivo 3 anos na cadea en Polonia.[1] Trasladouse a Checoslovaquia, e graduouse pola Facultade de Agronomía da Universidade Técnica de Praga en 1934.[1] Entre 1941 e 1944 foi unha figura activa no comité belaruso de Białystok, e participou no segundo congreso panbelaruso que tivo lugar en Minsk en xuño de 1944.[1] A partir de 1944 estivo no exilio en Alemaña, residindo en Múnic.[1]

O 23 de abril de 1949 foi tonsurado monxe en Constanza,[1] e no mesmo ano, o 19 de decembro,[1] foi consagrado bispo[4][5] polo arcebispo de Minsk e Belarús Sierhij Achatenka, primado da Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa, e polos bispos da Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína Platon Artemiuk e Viacheslav Lysytskyi. Trasladouse aos Estados Unidos en 1951, e recibiu o título de arcebispo de Vilnius e Nova York, dirixindo a diocese norteamericana da Igrexa belarusa.[1][4][5][6] Finou o 9 de xuño de 1970[1][7] en circunstancias non aclaradas, e está enterrado no cemiterio belaruso de East Brunswick.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 "Васіль". Slounik.org: беларускія слоўнікі і энцыкляпэдыі (en belaruso). Consultado o 26/10/2018. 
  2. "КАЛЯНДАР СВАБОДЫ - 15 КРАСАВІКА". Радыё Свабода (en belaruso). 15 de abril de 2004. Consultado o 26/10/2018. 15 красавіка 1900 году на Гарадзеншчыне нарадзіўся Ўладзімер Тамашчык, які пад імем Васіля стане архіяпіскапам Беларускай Аўтакефальнай Праваслаўнай Царквы на эміграцыі, будзе браць чынны ўдзел у жыцьці беларускай дыяспары ў Амэрыцы. 
  3. "Супачылае Сьвятарства / Reposed Clergy". Беларуская Аўтакефальная Праваслаўная Царква (en belaruso). Arquivado dende o orixinal o 23/09/2020. Consultado o 26/10/2018. 6 Чэрвеня (1970) - Архіяпіскап Васіль Тамашчык (Нью Ёрк, ЗША) 
  4. 4,0 4,1 Robertson, Robert. "The Belarusan Autocephalous Orthodox Church". Catholic Near East Welfare Association (CNEWA). Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 26 de outubro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 Robertson, Ronald (1999). The Eastern Christian Churches: A Brief Survey (en inglés). Roma: Edizioni Orientalia Christiana. 
  6. Lippy, Charles H., ed. (1988). Encyclopedia of the American Religious Experience: Studies of Traditions and Movements 1. Scribner. p. 340. ISBN 9780684188614. 
  7. "June, the 9th". Krynica.info: Belarusian Christian News (en inglés). 9 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2019. Consultado o 26/10/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Гарбінскі, Юрась (1999). Беларускія рэлігійныя дзеячы XX ст.: Жыццярысы, мартыралогія, успаміны [Figuras relixiosas belarusas do século XX: vidas, martiroloxio, memorias] (en belaruso). Minsk-Múnic: Беларускі кнігазбор. ISBN 9789856318651.