Platon Artemiuk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPlaton Artemiuk
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1891 Editar o valor em Wikidata
Morte5 de agosto de 1951 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Toronto, Canadá Editar o valor em Wikidata
Bispo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgreja Ortodoxa Autocéfala da Ucrânia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresbítero Editar o valor em Wikidata

Platon Artemiuk (en ucraíno: Платон Артемюк), nado como Pavlo Fedorovych Artemiuk (en ucraíno: Павло Федорович Артемюк) o 18 de xuño de 1891 en Nosów (no distrito de Konstantynów, gobernación de Siedlce, Imperio Ruso) e finado o 15 de agosto de 1951 en Toronto (Canadá), foi un eclesiástico ortodoxo ucraíno.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 18 de xuño de 1891 en Nosów, unha aldea do distrito de Konstantynów preto de Biała Podlaska (entón parte da gobernación de Siedlce do Imperio Ruso, dende 1999 parte do Voivodato de Lublin de Polonia).[1][2] En 1910 graduouse polo seminario de mestres en Biała Podlaska, e exerceu tres anos como mestre.[2] Posteriormente, ampliou os seus estudos no Instituto Pedagóxico de Vilnius: en 1916 por mor da primeira guerra mundial foi trasladado a Samara, nese mesmo ano graduouse,[2] e foi alistado no Exército Imperial Ruso. Logo da guerra, retomou a súa actividade como mestre en 1918 e volveu ao territorio da actual Ucraína. En data descoñecida, casou coa súa dona Taisa, coa que tivo tres fillas (Nina, Larisa, e Anna).

O 15 de marzo de 1936 foi ordenado sacerdote polo bispo de Volinia Oleksii Hromadskyi e asignado a unha parroquia de Novostavtsi.[2] En 1939 finou a súa muller en Brest, e durante a segunda guerra mundial perdeu á súa filla Nina.

O 2 de agosto de 1942 foi ordenado bispo da Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína polos bispos Nykanor Abramovych e Mstyslav Skrypnyk.[2][3] Coa ofensiva do Exército Vermello para recapturar os territorios da RSS de Ucraína, fuxiu de Rivne a Varsovia o 14 de xaneiro de 1944, e foi nomeado secretario do Sínodo dos Bispos da Igrexa, cargo no que permaneceu até que finalizou a guerra.[2] En 1951 trasladouse a Toronto, onde finou.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Леонюк, Володимир (1996). Словник Берестейщини (en ucraíno) 1. Видавнича фірма "Афіша". p. 46. ISBN 9789669506306. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Лыкова, Людмила Анатольевна, ed. (2021). Православие на Украине в годы Великой Отечественной войны. Litres. p. 472. 
  3. Борщевич, Володимир (2004). Волинський пом'янник (en ucraíno). Rivne. p. 24.