Saltar ao contido

Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa
Imaxe do escudo de armas
 Instancia de
 Parte de
 Cargo dirixente
Datas
 Fundación / creación
23 de xullo de 1922 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
Códigos e identificadores
VIAF139116432 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0dk35w Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: belapc.org VK: club7037050 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa (en belaruso: Беларуская аўтакефальная праваслаўная царква, Bielaruskaja aǔtakefaĺnaja pravaslaǔnaja carkva) é unha igrexa ortodoxa non canónica que aspira a ser a igrexa ortodoxa autocéfala nacional de Belarús, en contraposición co exarcado belaruso da Igrexa ortodoxa rusa.

Orixe e primeiros anos

[editar | editar a fonte]

O 23 de xullo de 1922 na catedral dos Santos Apóstolos Pedro e Paulo de Minsk tivo lugar un sínodo eclesiástico que decidiu crear, como forma de protección contra o renovacionismo e para distanciarse do patriarcado de Moscova baixo influencia soviética, unha metrópole autónoma belarusa nos territorios da República Socialista Soviética de Belarús.[1] O sínodo elixiu ao arcebispo Mielchisiedek Pajeŭski metropolita co título de "Minsk e Belarús", e estabeleceu catro dioceses: Minsk, Babrujsk, Mazyr e Sluck.[1] O alcance e motivos desta proclamación de autonomía son discutidos. Segundo historiadores como o sacerdote ortodoxo ruso Shcheglov, tratouse soamente dun movemento para resistir á persecución incipiente e para asegurar o normal funcionamento da Igrexa nos territorios de Belarús.[2]

  1. 1 2 Bekus-Gonczarowa, Nelly; Korzeniewska-Wiszniewska, Mirella; Wawrzonek, Michał (2016). Orthodoxy Versus Post-Communism?: Belarus, Serbia, Ukraine and the Russkiy Mir. Cambridge Scholars Publishing. p. 102. ISBN 9781443831550.
  2. Щеглов, Гордей Эдуардович (2011). "Автономия Белорусской Православной Церкви 1922 года". Вестник Православного Свято-Тихоновского гуманитарного университета. Серия 2: История. История РПЦ. (en ruso) (40): 99–116. Consultado o 05/01/2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]