Petronio Máximo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Petronio Máximo
Nacementoc. 396
Lugar de nacementoRoma
Falecemento22 de abril de 455 e 455
Lugar de falecementoRoma
Causalapidación
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónpolítico
PaiAnicius Probinus
CónxuxeLicínia Eudóxia e Volusiana
FillosPalladius
Na rede
WikiTree: Anicii-9 Find a Grave: 40495933 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Petronio Máximo, nado en Roma no ano 397 e finado o 31 de maio de 455, foi un emperador romano, que só gobernou por dous meses.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nace nunha familia con antecedentes senatoriais, sa desde moi curta idade, Petronius Maximus adicouse á política. No 411, con catorce anos é nomeado praetor, un cargo cerimonial, pero que lle abría as portas para ser nomeado no 415, tribunus et notarius, que era a antesala dos cargos imperiais. E así foi, xa que entre os anos 416 ao 419 foi nomeado Comes Sacrarum Largitionum, o xefe do tesouro imperial. Entre os anos 419 e 439 foi Prefecto da cidade de Roma por dúas veces e Praefectus Pretorio Italiae. Xa no 433, sendo Prefecto, acada a dignidade consular e volve a ser elixido como cónsul no 443. No 445 noméano Patricius, e xunto cos seus dous consulados, chega a ser o senador de máis alto nivel de Roma.

No 454 viuse envolto na conspiración que remata coa vida do xeneral Flavio Aecio, o único que lle facía sombra no status imperial. En conivencia con Heraclio, un eunuco ao servizo de Valentiniano III, consegue que o emperador, axudado por Heraclio, mate coas súas propias mans a Aecio, deixando a Roma sen o mellor dos seus xenerais e vencedor de Atila.

Pero Valentiniano III comete un erro, xa que viola a muller de Petronio Máximo, e despois de lle negar maiores dignidades pola grande oposición de Heraclio, conspira de novo contra o emperador, e consegue que, xunto con outros adversarios seus, os galos Optila e Transtila o maten mentres vía unha carreira de carros.

Ao quedar baleiro o trono imperial, os que optan a ser nomeados augustus florecen, pero Petronio Máximo conségueo, tomando coas súas forzas o pazo imperial e obrigando á viúva de Valentiano III, Eudoxia, a casar con el.

Petronio Máximo nomea rapidamente a Avito como comandante e envíao a Toulusse en busca da axuda dos visigodos. Pero, segundo os escritos de Xoán de Antíoquia, Eudoxia xa pedira axuda aos vándalos de Xenserico, que tiñan estabelecido o seu reino en África. Este, que só esperaba un pretexto para atacar Roma, cruza o Mediterráneo e desembarca en Ostia, preto de Roma. Ao se saber a nova en Roma, estalan as desordes, que acaban coa vida de Petronio Máximo e a do seu fillo Paladio, que son despezados e tirados ao río Tíber. Tres días despois, Xenserico entra en Roma e saquea a cidade, capturando moitos escravos. Entre os reféns que leva para África, están a emperatriz Eudoxia, e a súa filla Eudocia, xunto con Placidia, esposa do patricio Olibrio, que se atopaba naquel intre en Constantinopla, e irmán de Eudoxia. Máis tarde, Xenserico casa a Eudocia, filla da emperatriz co seu fillo Hunerico.

Imperio Romano

Segue a:
Valentiniano III
Petronio Máximo
Precede a:
Avito
Imperio Romano de Occidente

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]