Valentí Almirall i Llozer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Valentí Almirall i Llozer
Almirall.jpg
Nome completoValentí Almirall i Llozer
Nacemento8 de marzo de 1841
 Barcelona
Falecemento20 de xuño de 1904
 Barcelona
SoterradoPoblenou Cemetery
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona
Ocupaciónpolítico, escritor e xornalista
Coñecido/a porLo Catalanisme.Motius que el legitimen, fonaments científics i solucions pràctiques (1886)
editar datos en Wikidata ]

Valentí Almirall i Llozer, nado en Barcelona o 8 de marzo de 1841 e finado o 20 de xuño de 1904,[1] foi un avogado, xornalista e político, considerado un precursor do nacionalismo catalán[2][3], o moderno, e, máis en concreto, a crenza na esquerda federalista.[4] O seu labor como periodista e articulista supera os oitocentos artigos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educación[editar | editar a fonte]

Era fillo dunha familia de comerciantes de drogas e colonias, con moitas propiedades, tanto urbanas coma no campo (entre elas, o castelo do Papiol, dos cales foron baróns, título que Valentí rexeitou sempre empregar).[4] Estudou na Escola de Belas Artes de Barcelona, pero tivo que deixala logo de criticar ao profesor Claudi Lorenzale. Sabía falar grego, latín, francés, inglés, italiano e alemán, feito que lle permitiu viaxar e coñecer a actividade cultural e intelectual da Europa do momento.[4]

Estudou filosofía na Universidade de Barcelona, entre 1854 e 1857, e despois dereito entre 1857 e 1863, ano no que se graduou, mais rara vez practicou a avogacía.[4] Participou a miúdo nas tertulias da trastenda do escritor Frederic Soler Pitarra (con que comezou o teatro moderno en lingua catalá) e onde entrou en contacto con outros intelectuais tales como Gonçal Serraclara, Conrad Roure, Anselm Clavé, Josep-Lluís Pellicer, Inocencio López, Josep Feliu i Codina...[5]

Vida política[editar | editar a fonte]

A súa situación económica acomodada e a escasa vocación que tiña para exercer como avogado empurrárono á política activa. Participou na preparación e nos acontecementos da Revolución de 1868 en Barcelona; dirixiu O Federalista e colaborou na Revista Republicano-Federal, desde a que publicou obriñas bastante radicais como a Guerra a Madrid! e Bases para la Constitución federal de la Nación Española y para la del Estado de Cataluña. Observaciones sobre el modo de plantear a confederación en España.

Declarouse contrario a todo entendemento cos monárquicos e tivo unha participación importante no pacto de Tortosa (18 de maio de 1869), asinado entre representantes de entidades republicanas de Cataluña, o País Valenciano, Illas Baleares e Aragón.[4]

Entre 1868 e 1881, militou no Partido Republicano Democrático Federal (PRDF) no cal foi o principal líder federal intransixente de Barcelona, un grupo minoritario dentro da república e do republicanismo federal, que estaba organizado ao redor do Club dos Federalistas (1868-1869), do que foi elixido primeiro presidente, e do xornal El Estado Catalán (1869-1870 e 1873).

Entre 1868 e 1869, orientou a publicación El Federalista,[4] que se caracterizaba polo seu dogmatismo, intransixencia, maximalismo e o idealismo. Querían transformar o estado centralista e uniformizador español nun estado federal e descentralizado, cunha revolución federal de abaixo cara arriba, derivada da iniciativa das clases populares; unha revolución federal que implica a división da soberanía española entre as rexións históricas e o goberno da federación. Por iso, en 1868, publicou unhas Bases para la Constitución federal de la Nación Española y para la del Estado de Catalunya.

En maio de 1869, participou no denominado Pacto de Tortosa entre republicanos de Cataluña, o País Valenciano, illas Baleares e Aragón e, ese mesmo ano, foi cando fundou o xornal federalista El Estado Catalán.[4] En setembro de 1869, tomou parte na revolta federal de Barcelona. Foi detido e internado nas Baleares, pero xunto con outros prisioneiros conseguiron escapar e fuxiu para Alxer e de alí para Marsella, onde viviu ata a concesión dunha amnistía. De novo en Barcelona, presentouse ás eleccións como alcalde, pero rexeitou un xuramento incompatible co republicanismo e non foi capaz de ocupar a posición. Participou tamén na revolta contra o servizo militar obrigatorio en abril de 1870 con seus artigos en La Campana de Gràcia.[4] En 1871, o entón presidente do consello provincial de Barcelona, Anselm Clavé, foi nomeado director da Casa de Caridade da capital, onde traballou con criterios racionalistas e humanistas (e da que renunciaría máis tarde, no momento en que caeu a República).[4]

A primeira república española[editar | editar a fonte]

Cando se proclamou a Primeira República o 11 de febreiro de 1873, trasladouse a Madrid, onde continuou a publicar El Estado Catalán (8 de marzo-11 de xuño de 1873), e foi un propagator do federalismo catalán. Pero despois, en desacordo co desenvolvemento da República, volveu a Barcelona.

A restauración borbónica[editar | editar a fonte]

Durante a Restauración borbónica, a pesar de ser nomeado, en 1878, presidente do Ateneo Libre de Barcelona,[4] diminuíu a súa actividade pública, e intentou adicarse á literatura baixo o pseudónimo A. Z. Baixo. De feito, en 1879, publicou as súas dúas novelas: El alma al diablo e Una autoridad modelo. Historia de un gobernador de orden.[4]

Fundou e dirixiu o Diari Català,[6] primeiro xornal integramente en lingua catalá,[3] que tivo unha curta duración (dende o 4 de maio de 1879 até xuño de 1881), pois suspendeuse a súa publicación trala ruptura con Francesc Pi i Margall e a maioría do Partido Republicano Democrático Federal catalán, a partir do que comeza a súa etapa propiamente catalanista. En 1880, fora un dos organizadores do Primeiro Congreso Catalanista e no que foi elixido presidente por unha maioría de delegados. En 1881, participou na organización do Congreso Catalán de Xurisconsultos, no que rexeitou a unificación do dereito civil[6] mentres defendeu vigorosamente o mantemento do dereito catalán.

En xuño de 1882, creou o Centre Catalá de Barcelona, a primeira entidade catalanista claramente reivindicativa que aínda que pretendía ser, fundamentalmente, unha entidade que espallara o catalanismo e que influira sobre o goberno[7], en 1884 se converteu nun partido político, do que foi o secretario mentres o seu amigo "Pitarra" era o presidente.[4] En xuño de 1883, organizou o Segundo Congreso Catalanista, onde pretendeu que se debatera un bosquexo de programa do Centre. Porén, os enfrontamentos entre os partidarios de Almirall e os de Pi i Margall impediron a súa aprobación[8] e só conseguiu que se condenara a participación de cataláns nos partidos políticos suxeitos á disciplina de Madrid.

Convertido no líder da reivindicación catalanista, en 1885, foi o redactor do Memorial de greugues, e trasladouse a Madrid integrado na comisión que entregou o documento ao rei Afonso XII, aplicando o principio de presentación, recoñecido na constitución.[9] No memorial denunciábanse os tratados comerciais que estaban a piques de se firmar e as propostas unificadoras do Código Civil.[10]

En 1886, publicou a súa grande obra, Lo catalanisme, a primeira presentación sistemática da doutrina catalanista. Ese ano representou a súa plenitude intelectual e política, e o comezo da súa decandencia, motivada polos problemas de saúde (unha apoplexía) e a escisión que se produciu no Centre Català.[11] En 1887, foi elixido presidente do Centre Catalá, pero a súa actitude hostil fronte ao proxecto da Exposición Universal de Barcelona de 1888 e o alcalde Francesc Rius i Taulet provocou á división dos elementos conservadores máis novos, que fundaron a Lliga de Catalunya ese mesmo ano. Tamén se opuxo ao nomeamento da rexente, María Cristina de Austria, como raíña dos Xogos Florais de 1888, e organizou outros aternativos. A caída da influencia política do Centre Catalá, favoreceu a influencia da Lliga de Catalunya; e, xunto co empeoramento da súa saúde, fixeron que o seu carácter fora, progresivamente, máis arisco e amargado. Finalmente, simpatizou do lerrouxismo.[12]

Foi albacea do falecido Rossend Arús, razón pola cal fundou en 1895, a Biblioteca Arús.[13] De novo, en 1896, foi elixido presidente do Ateneo de Cataluña, e alí pronuciou un notable discurso sobre o rexionalismo e, dende ese cargo chamou a atención sobre o proceso de Montjuïc. Algúns pequenas núcleos republicanos e federalistas, así como Alejandro Lerroux, tentaron recuperalo politicamente, mais el negouse.

Finalmente, morreu só, cedendo a súa casa á cidade de Barcelona para crear unha escola pública, e doou os seus libros para a Biblioteca Arús.[4]

En Vallvidrera mantense a casa onde viviu (no frontis pódese ler "Casa Amirall") e, a carón dela, unha casa onde a súa viúva reuniu a súa biblioteca. A data de 1924 e a decoración estás cheas de simboloxía masónica.[14]

Obras[editar | editar a fonte]

Portada de Lo catalanisme (1886)
  • Idea exacta de la Federación. La República Federal Española. Datos para su organización (1873)
  • El alma al diablo (1878), novela
  • Una autoridad modelo. Historia de un gobernador de orden (1878) novela
  • Escritos catalanistas. El Renacimiento catalán, las leyes forales y el carlismo en Cataluña (1878)
  • La Casa de Caridad de Barcelona (1879)
  • El Tirol federal suizo: descripción de la fiesta en 1883 (1883)
  • La Confederación suiza y la Unión americana. Estudio político comparativo (1884)
  • Los Estados Unidos de América. Estudio Político (1884)
  • Lo Catalanisme. Motius que el legitimen, fonaments científics i solucions pràctiques (1886)
  • Poesia del Regionalisme (1886)
  • España tal cual es (1889)
  • Regionalisme i particularisme (1901)
  • Aspecte polític i social del renaixement català (1901)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Valentí Almirall". Fichero de Autoridades Virtual Internacional. Consultado o 09-05-2018. 
  2. Fradera (2007), p. 103
  3. 3,0 3,1 De la Granja (2001), p. 62.
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 Mestre (1998), p. 30
  5. "El Drama romàntic". MAE. Centro de Documentació i Museu de les Arts Escéniques (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2012. Consultado o 08 de maio de 2018. 
  6. 6,0 6,1 Pabón (1999), p. 92
  7. De la Granja (2001), p. 64
  8. Grau (2006), p. 23
  9. Pabón (1999), p. 95
  10. Claret (2014), p. 88
  11. Pich i Mitjana (2004), p. 305
  12. Pabón (1999), p. 66
  13. Rocamora, Joan (2007). Rossend Arús i Arderiu (1845-1891): una altra Renaixença. Del teatre com a tribuna política a la premsa lliurepensado. En "La projecció social de l'escriptor en la literatura catalana contemporània" (en catalán) (Lleida: Punctum). pp. 187–198. ISBN 978-84-934802-6-4. 
  14. "La biblioteca de la "muntanya màgica"". exploradors urbans. Consultado o 09-05-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Claret, Jaume; Santirso, Manuel (2014). La construcción del catalanismo. Historia de un afán político (en castelán). Madrid: Los Libros de la Catarata. ISBN 978-84-8319-898-8. 
  • De la Granja, José Luis; Beramendi, Justo; Pere, Anguera (2001). La España de los nacionalismos y las autonomías. (en castelán). Madrid: Síntesis. ISBN 84-7738-918-7. 
  • Fradera, Josep M. (2007). L'intel·lectual abans de l'intel·lectual. Consideracions vacil·lants sobre el cas català entre la Revolució Liberal i el canvi de segle. En "La projecció social de l'escriptor en la literatura catalana contemporània" (en catalán) (LLeida: Punctum). pp. 67–107. ISBN 978-84-934802-6-4. 
  • Grau, Josep (2006). La Lliga Regionalista i la llengua catalana, 1901-1924 (en catalán). Barcelona: Publicacións de l'Abadía de Montserrat. ISBN 84-8415-768-7. 
  • Mestre i Campí, Jesús (1998). Diccionari d'Història de Catalunya (en catalán). Barcelona: Ed. 62. ISBN 84-297-3521-6. 
  • Pabón, Jesús (1999). Cambó: 1876-1947. Barcelona: Alpha. ISBN 84-7225-740-1. 
  • Pich i Mitjana, Josep (2004). Federalisme i catalanisme. Valentí Almirall i Llozer (1841-1904) (en catalán). Barcelona: Fumo Editorial. ISBN 9788497660808. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]