Lingua negra
Aparencia
| Lingua negra | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| Propiedades | |||||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
A lingua negra é unha lingua artificial falada en Mordor n'O Señor dos Aneis e outras obras de J. R. R. Tolkien.
Trátase dunha lingua artificial creada por Sauron para os servidores de Mordor, como substituta das varias linguas dos orcos, entre outras. Tolkien describe dúas formas desta lingua: a forma antiga "pura", empregada polo mesmo Sauron, os Nazgûl e os Olog-Hai, e outra forma "degradada" empregada polos soldados de Barad-dûr cara a fin da Terceira Idade. O único exemplo de lingua negra "pura" que aparece nos escritos de Tolkien é a inscrición do Anel Único: o poema dos Aneis de Poder.
- Ash Nazg durbatulûk,
- ash Nazg gimbatul,
- ash Nazg trakatulûk,
- agh burzum-ishi krimpatul,
Traducidas ao galego, estas palabras significan:
- Un Anel para gobernalos a todos
- Un Anel para atopalos
- Un Anel para atraelos a todos
- e na escuridade atalos
| A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |
