Urraca Froilaz de Traba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Urraca Froilaz")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Urraca Froilaz

Falecemento1102
Cónxuxe/sPedro Froilaz
DescendenciaBermudo Pérez
Fernando Pérez
Lupa Pérez
Ximena Pérez
Froila Pérez
Liñaxe / DinastíaLiñaxe Traba[1]
Familia Froilaz-Traba
ProxenitoresFroila Arias
Ardiu Díaz[2]

Escudo de Urraca Froilaz de Traba

Urraca Froilaz (Urraca Froile) foi unha nobre galega de finais do século XI, filla do conde Froila Arias de Traba e Ardiu Díaz de Aranga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Territorio aproximado da herdanza paterna de Urraca Froilaz. A unión das terras de Urraca, entre o río Tambre e o mar, e as do seu home Pedro Froilazn na zona noroccidental do reino, deron lugar ao Condado de Trastámara[3].

Foi unha importante aristócrata, descendente dalgunha das mais antigas liñaxes nobiliarias galegas. A súa nai Ardiu Díaz (Ardiu Diat), proviña da familia dos condes de Présaras[4], fundadores do Mosteiro de Sobrado dos Monxes[5], foi filla do conde Diego Gutérrez, mordomo regis do rei Fernando I e da nobre Acenda Seriz. O seu pai o conde Froila Arias, foi señor da terra de Traba[6], nas bisbarras de Soneira e Bergantiños[7], e irmán do bispo Cresconio de Iria, tutor do rei García II.

De ambos proxenitores herdou importantes dominios territoriais[8] e outras posesións. Entre estas últimas, un palacio en Compostela, situado entre o Mosteiro de San Martiño Pinario e a igrexa de Santiago[3], e o Mosteiro de San Xoán de Sabardes, que restaurou e dotou de importantes bens[9]. Por parte da súa nai Acenda, Urraca herdou tamén a reclamación da propiedade do mosteiro de Sobrado dos Monxes. Este mosteiro, pasara á propiedade real após da fracasada revolta de Sexeredo, visabó de Urraca contra o rei Fernando I no ano 1050. Baseándose nesta reclamación, no ano 1118, a raíña Urraca e o seu fillo Afonso VII restituiron o mosteiro aos seus fillos Bermudo e Fernando[10].

Urraca casou no ano 1088 con Pedro Froilaz[11], herdeiro como ela de extensos territorios situados na área noroccidental do reino galego, a unión das pertenzas dos cónxuxes abranguían a maior parte da actual provincia da Coruña, desde o río Tambre até o Mar Cantábrico e desde as terras de Aranga até o Océano Atlántico, e conformaron o Condado de Trastámara, cuxo primeiro posesor coñecido foi o propio Pedro Froilaz (in Trastamar comite Petrus Froyle)[12].

Urraca Froilaz faleceu no ano 1102 deixando cinco fillos do seu casamento con Pedro Froilaz[13]:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Liñaxe Traba S.X". Xenealoxias do Ortegal. Consultado o 10/12/2018. 
  2. "Liñaxe Aloitiz S.IX-XI". Xenealoxias do Ortegal. Consultado o 10/12/2018. 
  3. 3,0 3,1 LÓPEZ SANGIL 2005. p. 22
  4. "Liñaxe Aloitiz, s. IX - XI". www.xenealoxiasdoortegal.net. Consultado o 2018-12-19. 
  5. López Sangil, Jose Luis (2001). "La fundación del monasterio de san Salvador de Cines" (PDF). Anuario Brigantino (24): 144. 
  6. "Tenencia Traba". www.xenealoxiasdoortegal.net. Consultado o 2018-12-19. 
  7. López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquia galega. Toxos Outos. p. 24. ISBN 978-84-15400-78-3. 
  8. López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 323. 
  9. López Morán, Enriqueta (2004). "El Monacato Femenino Gallego en la Alta Edad Media" (PDF). Nalgures (1): 140. 
  10. López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 16. ISBN 978-84-15400-78-3. 
  11. Barton, Simon (2002-07-18). The Aristocracy in Twelfth-Century León and Castile (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 9780521894067. 
  12. "Tenencia do condado de Trastámara nos reinados de Urraca I (1109-1126), e Afonso VII (1111 - 1157)". www.xenealoxiasdoortegal.net. Consultado o 2018-12-19. 
  13. LÓPEZ SANGIL 2005. p. 53

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]