Saltar ao contido

Gudesteo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGudesteo
Biografía
Nacementoséculo XI Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XI Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Bispo de Iria Flavia sede titular da Iria Flavia
1067 – 1069
← CresconioDiego Peláez →
Arcebispo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1067 Editar o valor en Wikidata)

Gudesteo (fl. 1067-1069) foi un relixioso galego, bispo de Iria Flavia e Santiago de Compostela durante o século XI.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sobriño do seu predecesor inmediato, Cresconio, foi nomeado bispo de Iria Flavia polo rei García de Galiza antes do 23 de febreiro de 1067[1]. En conflito con outro tío seu, o conde Froila Arias[2], este asinou a paz con el e xuroulle fidelidade. Porén, secretamente, o seu tío estaba a conspirar para asasinalo. No ano 1069, cando o bispo observaba a coresma no seu pazo de Iria Flavia, achegáronselle uns emisarios do conde Froila e, tras falar con eles, permitiulles quedar a durmir nos seus apousentos. De noite, mentres o prelado durmía, os emisarios saíron do pazo e foron buscar a Froila, que agardaba co seu exército agochado nun bosque. Os conspiradores entraron pausadamente na cámara onde durmía o bispo e asasinárono[3]. Estes feitos serviron de advertencia a Diego Xelmírez, titular da mesma sé episcopal tempo despois, para que trasladase a súa residencia a Padrón, pois tanto el coma Nuno Afonso, un dos autores da Historia Compostelá, lembraban o asasinato de Gudesteo e temían un ataque similar[4].

Predecesor:
Cresconio
 Bispo de Iria Flavia 
1067 - 1069
Sucesor:
Diego Páez
  1. Portela Silva, Ermelindo (2001). García de Galicia. El rey y el reino. La Olmeda. p. 81. ISBN 84-89915-16-4. 
  2. Gónzalez López, Emilio (1978). Grandeza e decadencia do Reino de Galicia. Galaxia. pp. 168–169. 
  3. Falque Rey, Emma, ed. (1994). Historia Compostelana. Akal. p. 76. ISBN 84-460-0417-8. 
  4. Portela Silva, Ermelindo (2007). "Diego Gelmírez. Los años de preparación (1065-1100)". Studia historica, Historia medieval (25): 124–125. ISSN 0213-2060.