Hans Geiger
- Para o numismático suízo, véxase Hans-Ulrich Geiger.
Hans Geiger | |
---|---|
![]() Hans Geiger (1928) | |
Nome completo | Johannes Wilhelm Geiger |
Nacemento | 30 de setembro de 1882 |
Lugar de nacemento | Neustadt an der Weinstraße |
Falecemento | 24 de setembro de 1945 |
Lugar de falecemento | Potsdam |
Soterrado | Neuer Friedhof Potsdam e Grünwald Woodland Cemetery |
Nacionalidade | Imperio Alemán, República de Weimar e Alemaña nazi |
Alma máter | Universidade de Erlangen-Núremberg |
Ocupación | físico, inventor, profesor universitario, científico nuclear e sen etiquetar |
Coñecido por | contador Geiger |
Premios | Medalha Hughes |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Johannes (Hans) Wilhelm Geiger, nado en Neustadt, Alemaña, o 30 de setembro de 1882 e finado en Potsdam o 24 de novembro de 1945, foi un físico alemán. Xunto a Walter Müller desenvolveu o contador Geiger.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1902, Geiger empezou a estudar física e matemáticas en Erlangen, onde se doutorou en 1906. En 1907 empezou a traballar xunto a Ernest Rutherford na Universidade de Manchester. En 1912 foi nomeado xefe do Instituto de investigación físico-técnica en Berlín. Alí desenvolveu, xunto a un dos seus estudantes graduados, o contador Geiger. Dende 1925 foi profesor da Universidade de Kiel ata o ano 1929, onde o seu primeiro estudante graduado foi precisamente Walter Müller.
Foi tamén membro do Club do Uranio na Alemaña nazi, un grupo de científicos alemáns que, durante a Segunda Guerra Mundial, traballaron sen éxito na creación da bomba atómica alemá.
A súa lealdade ao Partido Nazi levoulle a traizoar a diversos colegas xudeus; algúns destes colegas axudaranlle nas súas investigacións antes de que se fixera membro do partido.
Morreu en Potsdam uns meses despois de que finalizara a guerra.