Nou Estadi de Palamós
Nou Estadi de Palamós | ||||
---|---|---|---|---|
![]() O estadio durante un partido do Palamós en 2008 | ||||
Tipo | instalación deportiva ![]() | |||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Ocupante | Palamós Club de Futbol ![]() | |||
Propietario/a | Concello de Llagostera | |||
Datas | ||||
Fundación | 29 de agosto de 1989 ![]() | |||
Inauguración | 1989 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 5.824 espectadores | |||
Tipo superficie | Céspede | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Xirona | |||
Comarca | Baix Empordà | |||
Concello | Palamós ![]() | |||
Localización | Narcís Pagès i Prats, 2, 17230; Palamós, Xirona ![]() España ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Nou Estadi de Palamós é un campo de fútbol da vila de Palamós, na provincia de Xirona, España. Foi inaugurado o 29 de agosto de 1989, e posúe unha capacidade para 5.824 espectadores. Atópase situado na rúa Narcís Pagès i Prats. O seu equipo local é o Palamós Club de Futbol.
Dende a tempada 2014/15 tamén xoga no estadio a Unió Esportiva Llagostera. A imposibilidade de cumprir os requisitos da Liga de Fútbol Profesional para xogar en Segunda división e despois de que as negociacións para xogar no Estadi Municipal de Montilivi non prosperaran,[1] o primeiro equipo do Llagostera optou por xogar no Nou Estadi de Palamós.[2] Aínda que este estadio acolleu partidos de Segunda do Palamós entre 1989 e 1995, houbo que facer algunhas remodelacións.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diari de Girona, ed. (5 de xullo de 2014). "Montilivi, só para o Girona".
- ↑ Erro na cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomeEstadi
- ↑ Ribas, Ramon (7 de xullo de 2014). Diari de Girona, ed. "O Llagostera xogará en Palamós". Consultado o 7 de xullo de 2014.