Ultraísmo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
O ultraísmo é unha vangarda poética xurdida en Madrid en 1918, que tiña como principal propósito sintetizar todas as tendencias da vangarda mundial co mesmo desexo de ruptura e anhelo de novidade.
Características[editar | editar a fonte]
Os poetas ultraístas buscaron:
- Sobrevaloración da imaxe e da metáfora, converténdose en moitas ocasións en múltiples (varias incluídas nunha soa).
- Innovación na tipografía: uso de espazos en branco e ausencia de signos de puntuación.
- Supresión da rima e incluso do ritmo.