Romances galegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Romances galegos
Autor/aEduardo Blanco Amor
OrixeGaliza
LinguaLingua galega
Xénero(s)Poesía
EditorialRevista Céltiga
Data de pub.1928
editar datos en Wikidata ]

Romances galegos é unha obra de poesía de Eduardo Blanco Amor publicada en Buenos Aires (Arxentina) pola editorial Céltiga en 1928 [1]. Foi reeditada pola Editorial Galaxia en 1980 en Poemas galegos.[2]

Análise[editar | editar a fonte]

Está composto por poemas escritos entre 1921 e 1928. No momento da súa publicación estaba xa establecido na Arxentina, pero en contacto con autores da xeración de vangarda da literatura galega e con autores da xeración do 27 da literatura castelá[3].

A primeira parte do poemario, Os nocturnos, está composta por romances máis baseados na literatura popular. A segunda sección, Témporas, está máis influída polo modernismo, o hilozoísmo de Amado Carballo e o léxico vangardista. Na terceira parte, Nocturnos, usa no poema "Orballo" o recurso vangardista da escaleira, xa usado por autores como Vicente Risco, Manuel Antonio ou Eugenio Montes. O título da cuarta parte, Toda humilde beleza, fai mención a un poema de Noriega Varela, e está adicada a Amado Carballo.

Este libro deu pé á amizade entre Blanco Amor e García Lorca, logo de que Enrique Díez Canedo os puxese en contacto e intercambiasen esta obra co Romancero gitano, publicado en 1927 e con certas características similares.

Segundo o Diccionario da literatura galega:[4]

"O eixo temático dominante é o amor, habitualmente non correspondido, cunha importante presencia de símbolos homoeróticos. Relevo, pois, do intimismo sentimental, unido á visión sensitiva, impresionista, que transforma a realidade nun estilizado e ó tempo plástico cadro de imaxes, por veces cun vangardista aceno lúdico na liña de Amado Carballo. A natureza funciona asimesmo como correlato escénico nas características "estampas" cercana ó creacionismo e por veces ó ultraísmo."

Contido[editar | editar a fonte]

Os nocturnos

  • Romance da saudade
  • Romance de feitizo de amor
  • Romance de outono
  • Romance da danza mística
  • Romance antergo
  • Romance a un amor de lonxe
  • Romance das fillas del Rei

Témporas

  • Primavera
  • Vrau
  • Outono
  • Inverno

Nocturnos

  • Ensono
  • Estrela
  • Orballo
  • Raid
  • Sonsel da morte
  • Sonata ao Romantismo
  • Da montaña e do sábado
  • Beiramar
  • Muíño
  • Da choiva e da melancolía

Toda humilde beleza

  • Función
  • ¡Goal!
  • Domingo
  • Seitura
  • Congostra
  • Adrezo
  • Danza
  • Tráfico
  • Reclame
  • Gala

Amor

  • Descordo
  • Cantigas de amor perdido:
    • I. Saudade
    • II. Ermo
    • III. Prego a unha fonte
  • Nova canzón de amor
  • Cantigas a un amor novo
  • Canzón sin recordos

Mar

  • Temporal
  • Calma

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha na BVG
  2. Blanco Amor, Eduardo (1980). Poemas galegos. Dombate. Galaxia. ISBN 84-7154-378-8. 
  3. "Blanco-Amor poeta, entre a tradición e a renovación", análise de Carlos L. Bernárdez.
  4. Vilavedra, Dolores (Coord) (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Autores. Ed. Galaxia. p. 80. ISBN 84-8288-019-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]